O RC DEPORTIVO E RIAZOR HOMENAXEARON A GELO BATERISTA DE “LOS SUAVES”.

 

O pasado xoves 17 de Febreiro deixábanos Ángel Barrio “Gelo”, (D.E.P.), baterista do grupo “Los Suaves”, a idade de 70 anos, facíao de maneira inesperada, tal e como apuntaba Charly Domínguez, fundador do grupo ourensán, tremendamente vinculado aos anos de rexurdimento e gloria do RC Deportivo, tralo concerto ofrecido en Riazor, ao que ían como teloneiros de “The Ramones”, e a sua actuación tapou completamente ao afamado grupo americano, e foi un himno para os Riazor Blues, que naceron no tempo dese concerto, (1987), que ata teñen a “Sección Los Suaves”, e aos que lles adicaron a canción “Riazor Blues”.

José Luis Núñez, “speaker” de Riazor nos encontros deportivistas, xa tivo o día do encontro de Youth League o detalle de facerlle unha homenaxe as “Tanxugueiras”, tralo atraco sufrido no Benidorm Fest, en pro dunha cantante patrocinada por unha productora e escollida a dedo. Desta volta no descanso do encontro ante o CD Calahorra do pasado Domingo, ainda que as olladas estaban no terreo de xogo e na ansiedade por gañar tras 3 malos resultados, moitos estaban a pensar no mal encontro, cheo de nervos, que estaba a desenrolar o equipo, pero o “speaker” de Riazor, que amosa estar en todo, non se esqueceu do gran baterista galego, Ángel Barrio “Gelo”, e adicoulle uns minutos para a sua lembranza e o cariño do deportivismo, como podedes ver na instantanea de Markosrc, dende a sua localidade en Riazor.

Vaia este artigo e a canción “Riazor Blues” que tantas veces tocou, como homenaxe nosa a este gran baterista que chegou a “Los Suaves”, dende o jazz, e soubo ao instante facer vibrar co rock galego durante moitos anos a milleiros de persoas, co seu bo facer cas baquetas, para Galicia e para o mundo, (D.E.P.).

 

-Foto : @markosrc

-Texto : piratasdemuxia