O RC DEPORTIVO E CARLOS ABAD RESCINDEN O CONTRATO QUE OS UNÍA.

 

A ninguén lle extrana este paso que acaban de dar o RC Deportivo e o meta Carlos Abad, unha ruta que se xa parecía máis que cantada co pase o primeiro equipo do canteirán Pablo Brea, xa se fixo necesaria ca fichaxe de Ian Mackay, que chega habendo sido elixido o mellor meta da pasada liga na 2ª División, e que recalou nas filas branquiazuis polo seu propio interese de voltar o clube que o veu nacer. Agora hai en plantilla 3 porteiros, Mackay, Brea e Lucho, polo que todo apunta a que ou Brea ou Lucho, un dos dous irá cedido.

O RC Deportivo anunciabanos desta maneira a rescisión con Carlos Abad e as suas gracias polos servizos prestados : “O Real Club Deportivo e Carlos Javier Abad-Hernández Trujillo (Puerto de la Cruz, Tenerife, 28 de xuño de 1995) chegaron a un acordo para rescindir o contrato que os vinculaba até xuño de 2022. O porteiro canario chegara ao Dépor a pasada temporada procedente do CD Tenerife. Esta campaña xogou 14 partidos de liga defendendo a portería branquiazul”.

“O Real Club Deportivo quere agradecer sinceramente a Carlos Abad a súa achega e traballo diario durante a súa etapa no Club, desexándolle os maiores éxitos nos seus novos proxectos profesionais”.

O meta chegou a pasada campaña e foi titular indiscutible con Fernando Vázquez e comezou con Rubén de la Barrera, pero na 13ª xornada un erro seu foi a lápida do seu destiño baixo os paus deportivistas. Xogándose unha das moitas finais, tragouse un gol nun saque de curruncho ante o Coruxo CF. Un só punto nese encontro, que se perdeu 2-0, (ou noutros), suporía haber xogado os “Play-Off”, cousa por outra banda que on divagacións, pero a historia repiteuse no derradeiro encontro de liga, pero desta volta, voltaba a porta o non xogarse nada o equipo e darlle De La Barrera, minutos aos que xogaron menos.

Primeiro foi Nacho González o que recindeu e agora é Carlos Abad, e de seguro que haberá algún máis, así como algunha cesión.

“O noso agradecemento a Carlos Abad polo que lle deu o noso clube e o desexo de que teña máis sorte no futuro e se asente nalgún conxunto no que o seu sino sexa o trunfo”.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo