O Deportivo ABANCA impúxose esta tarde no campo Pepe Barrera de Ribadeo na quenda de penaltis (4-2) ao Real Oviedo e levou a II edición do Trofeo Emma Cuervo, na penúltima cita desta pretemporada. Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate (1-1).
O amigable serviu ademais de test de cara ao compromiso ligueiro de ambos os equipos, na 2ª xornada de liga, o 17 ou 18 de setembro en Oviedo.
Foi unha cita especial para Lorena Reina, Henar Muiña e Carlota Suárez, ex futbolistas con pasado carbayón que hoxe se reencontraron co seu antigo Club.
A recaudación do Teresa Herrera para Ukraína
O RC Deportivo, como anunciou na presentación do Teresa Herrera 2022, efectuou nas últimas horas a doazón da recadación íntegra do despacho de billetes do torneo a AGA Ucraína, a ONG galega que fará de ligazón coas organizacións humanitarias en Kharkiv para facer chegar a axuda económica ás persoas refuxiadas no Estadio do Metalist, rival do Deportivo nesta edición solidaria do decano dos trofeos amigables do mundo.
O importe total da recadación dos partidos, aos que as persoas socias do RC Deportivo tiñan acceso libre co seu carné anual foi de 17.980 euros, que unidos aos 999 recadados na Fila 0, será a cantidade coa que se axude desde Galicia ás vítimas da invasión en Ucraína.
-Foto e Texto : rcdeportivo.es