A concelleira coruñesa Yoya Neira coa doazón deportivista.
O Real Club Deportivo, grazas ás xestións realizadas polo seu consello de administración, puxo a disposición da Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello da Coruña, 2.000 panettones para que poidan ser distribuídos a entidades sociais da Coruña.
A doazón, procedente de Ferrolterra Catering, chegou esta mañá á cidade e foi recepcionada pola concelleira Yoya Neira. 500 unidades xa foron entregadas á Cociña Económica da Coruña e as outras 1.500 poranse a disposición doutras institucións que traballan con colectivos vulnerables a través dos diferentes programas de atención social que xestiona o Concello, especialmente reforzados estes días polo Estado de Alarma e Emerxencia Sanitaria no país, mediante o programa Coruña Acompaña.
-Foto e Texto : RC Deportivo
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.