O RC DEPORTIVO DETÉN OS ADESTRAMENTOS POR UN CASO POSITIVO NOS SEUS XOGADORES E DA EXEMPLO DE COMO ACTUAR NESTES CASOS..

 

Segundo nos informan dende o clube : “O Deportivo detén a súa actividade momentaneamente após detectarse o positivo dun dos seus futbolistas por COVID-19. O xogador, que non presenta síntomas, foi illado inmediatamente. Comunicado xa a saúde pública da Xunta de Galicia para que active tamén os seus procedementos, o xogador continuará en situación de illamento e todos os seus compañeiros de cadro e técnicos realizarán novos tests mañá mércores. Por conseguinte, o partido previsto tamén para mañá mércores ante o CD Estradense en Abegondo queda suspendido”.

Dende a Liga, Tebas, o Fuenlabrada, e a prensa apestosa que os apoia, deberían aprender do RC Deportivo como se actua nestes casos, e non atentar contra poboación e o fútbol como fixeron e mangonearon tódolos estamentos para sair indemnes de infraccións gravísimas contra a saúde e o deporte.

 

-Foto e Texto : RC Deportivo