O RC DEPORTIVO DESTITUE A FERNANDO VÁZQUEZ E SONA RUBÉN DE LA BARRERA PARA OCUPAR A VACANTE.

 

Pasadas as 15:00 horas comunicábanos o RC Deportivo a triste e dura nova da destirución de Fernando Vázquez, “un dos nosos”. O clube decía que lle comunicara o técnico que : “Non continuará dirixindo ao equipo, rescindindo deste xeito o contrato que vincula a ambas as partes. Xunto ao adestrador de Castrofeito tampouco continuará no Club o seu corpo técnico”.

Despedíanse do de Castrofeito decindoi que : “O Consello de Administración quere agradecer sinceramente a Fernando e o seu equipo o duro traballo desenvolvido nesta segunda etapa á fronte do equipo após aceptar o reto maiúsculo hai un ano de tratar de salvar a situación deportiva na que se atopaba a institución e facelo antepondo en todo momento a ilusión, a motivación e a unión de todo o deportivismo fronte ás dificultades que se foron sucedendo”.

Os malos resultados e a presión externa de algúns medios de comunicación, fixeron quese tomase a decisión, para nós equivocada, pois a continuidade e a confianza son as bases do éxito dun clube, se non que llo pregunten ao Cadiz CF, que gracias a aguantar e confiar, agora están na Primeira e a un gran nivel.

Debería mirarse o hombligo máis de un e ver a plantilla como está confeccionada, e no día de onte os canteiráns amosaron que ainda teñen moito que crecer.

O noso cariño, ánimos e agradecemento para Fernando nestes duros intres, que tamén o son para nós, pois é e será sempre un dos nosos.

Sona para seu sitio Rubén de la Barrera

O xove técnico coruñés apunto de cumprir 36 anos de idade, Rubén de la Barrera Fernández, que trunfou fai uns anos ca Cultural Leonesa, a que levou a Segunda División, e non consigueu mantela por moi pouco, é o que sona con máis forza para pcupar o seu sitio, tanto é así que na Wikipedia xa o poñen como novo adestrador do Depor sustituindo a Fernando Vázquez.

Rubén adestrou antre outros ademáis da Cultural ao Guijuelo, Valladolíd “B”, e como 3º adestrador na Real Sociedad. Esta pasada tempada estaba no FC Vitorul de Rumanía, sendo o adestrador máis xove da 1ª División rumana.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies