O RC DEPORTIVO DENUNCIA ALIÑACIÓN INDEBIDA DO EXTREMADURA NA PROCURA DE 3 PUNTOS QUE PERDEU NO CAMPO..

O Depor denunciará aliñación indebida.

 

Ao parecer e tal como apuntaban varios medios, o RC Deportivo denunciou aliñación indebida do Extremadura, que durante preto dun minuto xogou con 6 xogadores do primeiro equipo e 4 do filial e tal como apunta o artigo 223 do Regulamento Xeral da Real Federación Española de Fútbol, no seu punto 2 : «Unha vez iniciado o partido, os equipos deberán estar integrados, durante todo o desenvolvemento do mesmo, por sete futbolistas, polo menos, dos que conforman o persoal da categoría en que militan. O feito de que por calquera causa, incluída a expulsión dun futbolista ou a substitución por lesión, o equipo queda integrado por menos de sete futbolistas dos que se refire o parágrafo anterior, será considerado como infracción de aliñación indebida”.

Agora será o Comité de Competición o que decida se darlle a razón o clube deportivista e darlle a vitoria e os 3 puntos, ou se todo se queda en auga de borraxas. Ao noso entender os encontros gáñanse no campo e isto pode ter danos colaterais de amizade ou por medio de arbitraxes sibilinas.

 

Çolak non se presentou no adestramento deste luns

O turko Emre Çolak estaba convocado para adestrar na mañán deste luns e foi a única ausencia, segundo confirmaron varios medios. Ao parecer non tiña permiso para ausentarse e dende o clube ata o de agora o mutismo é total.

 

-Fotos e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies