O RC DEPORTIVO CONFIRMA O TRASPASO DE MUJAID SADICK O RACING CLUB GENK BELGA.

 

Como xa vos adiantábamos fai uns días, Mujaid Sadick, o RC Deportivo e o Racing Club Genk belga chegaban a un acordo de traspaso do xogador logroñés da cateira deportivista por un montante de 1´7 millóns de euros, máis clausulas por encontros xogados ou un furuto traspaso.

Agora o clube deportivista confirma o traspaso sen dar cantidades : “O Real Club Deportivo, o Koninklijke Racing Club Genk e Mujaid Sadik Aliu (Logroño, 14 de marzo de 2000) chegaron a un acordo para o traspaso do central rioxano ao conxunto belga após superar na mañá de hoxe todos os preceptivos recoñecementos médicos.

A pesar de que o Real Club Deportivo realizou os maiores esforzos posibles, tanto económicos como de futuro proxecto deportivo para reter a un dos seus xogadores máis valiosos e ampliar un contrato que finaliza en 2022, as expectativas de crecemento profesional do futbolista pasan por xogar nunha categoría superior, algo que terá oportunidade de lograr na Primeira División de Bélxica.

O Dépor quere mostrar o seu orgullo polo crecemento profesional e persoal do Mujaid neste lustro na Coruña no que defendeu en 72 ocasións a camiseta do primeiro equipo branquiazul, ademais das do Fabril e o Xuvenil, desexándolle a maior das sortes no seu incipiente e prometedora carreira deportiva”.

 

O noso maior desexo de éxito para este rapáz que amosou que se segue na sua progresión pode ser un xogador moi importante no fútbol mundial.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia