O RC DEPORTIVO CONFIRMA COMO ADESTRADOR A IMANOL IDIAKEZ QUE CHEGA CON MÁIS DESENCANTO CA ILUSIÓN ANTRE A AFECCIÓN.

 

Disque xa leva toda a semana na Coruña o novo adestrador, Imanol Idiakez, pero o RC Deportivo esperou a que se fosen calmando un pouco as augas tralo grito unánime da afección da afección pedindo “REPETO”, E “INFORMACIÓN”, e pedindo antre outras cousas a volta de RUbén de la Barrera, destituido e por segunda vez de maneira rastreira.

Usando un simil de cociña, como usarían moitos dos nosos amigos cociñeiros chega, coma un congro en leito de gasofa. Porqué?…O congro é un peixe que ou che gusta ou non che gusta, e o leito, tal e como está o ambente é de gasofa, pois de nada que as cousas non saian vai a arder a afección, xa cansa de tanto “vendefume”, que ten aqueles fixos do seu gusto e sen usar o produto da casa, tendo en conta que é de calidade contrastada.

Fora todo esto, o noso desexo de que trunfe e que de aquí a pouco tempo esteñamos aplaudindo a decisión de traelo. Para nada culpa dél o brete no que o poñen. Como se di no argot mariñeiro para que teña sorte e chegue a bo porto…”Que teña boa proa”.

Así o presenta o RC Deportivo :

Joseba Imanol Idiakez Barkaiztegi (San Sebastián, Gipuzkoa, 14 de marzo de 1972) é o novo adestrador do RC Deportivo.

Imanol Idiakez xa conta con década e media de experiencia nos bancos. A súa carreira comezou na Real Sociedad B en 2008, pouco despois de retirarse como futbolista após máis de 350 partidos en Segunda B co propio filial realista, Beasain KE, Real Avilés Industrial, Burgos CF, CF Ciudad de Murcia, Linares Deportivo, Girona CF e CF Reus Deportiu.

A súa experiencia como adestrador tamén abarca principalmente a terceira categoría do fútbol nacional, na que dirixiu 243 encontros en 6 clubs: Real Sociedad B (2008-09), Polideportivo Ejido (2010-11), CD Guijuelo (2011-12), Real Unión de Irun (2012-13), CD Toledo (2013-14) e Lleida Esportiu (2014-16). En todos eles comezou e concluíu a temporada, salvo no cadro almeriense, ao que chegou trala 30ª xornada para ocupar a praza do destituído José Antonio Lirola.

Tralo seu paso polo club ilerdense emigrou ao fútbol chipriota para facerse cargo da AEK Larnaca, club ao que dirixiu dúas campañas (2016-18) nunha primeira etapa que pechou coa conquista da Copa de Chipre en 2018.

Imanol Idiakez regresou a España para estrearse en Segunda División co Real Zaragoza. Dirixiu ao conxunto maño até outubro e en xaneiro regresou á AEK Larnaca. Nas súas tres campañas no club chipriota participou na segunda competición continental, a Europa League, na que dirixiu 22 encontros.

No verán de 2020, Imanol Idiakez incorporouse ao Villarreal CF para exercer de segundo adestrador de Unai Emery. Na primeira das súas dúas campañas no corpo técnico vilarrealense, o ‘submarino amarelo’ sumou o maior éxito da súa historia, ao conquistar a Europa League. Na segunda, alcanzou nada menos que as semifinais da Liga de Campións. No campionato ligueiro, o Villarreal CF logrou dous sétimos postos nas dúas temporadas co novo técnico deportivista como segundo adestrador.

Despois das dúas campañas no conxunto castellonenco, ao comezo da temporada pasada fíxose cargo do CD Leganés. No conxunto pepinero, Imanol Idiakez dirixiu 34 encontros na categoría de prata.

 

 

 

Massimo Adalberto novo Director Xeral e David Villasuso pasará o Consello de Administración

Massimo Adalberto Benassi (Pordenone, Italia, 12 de setembro de 1991) é, desde hoxe, novo director xeral do RC Deportivo, posto que até este momento ocupaba David Villasuso.

Massimo Adalberto Benassi incorporouse ao RC Deportivo o 21 de xuño de 2022 como director de desenvolvemento de negocio. Ata ese momento, Benassi exercera como director de desenvolvemento de negocio e marketing da UD Ibiza. Antes de incorporarse ao club insular, en setembro de 2018, exerceu de asistente do director xeral do CD Leganés na temporada 2017-2018.

Licenciado en dereito, con proxecto de fin de carreira no ámbito do dereito deportivo, é máster en dereito deportivo pola Universidade de Bolonia e MBA en xestión de entidades deportivas da Escola Universitaria do Real Madrid.

David Villasuso Castaño seguirá vinculado con posicións de responsabilidade no organigrama do Club e será proposto na Xunta Extraordinaria de accionistas do próximo 17 de xullo como membro do Consello de Administración do RC Deportivo.

 

Saverio vaise o Aris de Salónica grego

Tal e como xa se sabía, e que hoxe confirmou o clube, Saveiro deixa de ser xogador do RC Deportivo acolléndose a unha das clusalas do seu contrato. Saverio chegou como reforzo de inverno e vaise sen pena nen groria, pois ao igual ca Arturo non foi reforzo ningún. Se miramos dende o plano negativo, pechoulle as portas a canteiráns, ainda que Cano se non chegasen de igual maneira non contaría cos canteiráns, como así fixo. O clube desexalle sorte no seu próximo destiño, pero él mesmo quitou unha foto xa no día de onte, ca bufanda do Aris de Salónica grego nun aeroporto.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies