Desta vez o RC Deportivo non esperou ás 19:06 para oficializar unha incorporación o equipo. Eran ás 09:30 horas cando colgaba na sua web que Raúl García Carnero (A Coruña, 30 de abril de 1989) se convertía en novo xogador do RC Deportivo. Non chega como xogador libre senón que chega cedido por unha temporada polo Real Valladolid, equipo recén ascendido a 1ª División e co que lle queda unha tempada de contrato, e coméntase que para chegar ao Depor tivo que ampliar un ano de contrato cos vallisoletanos.
Segundo comentaba onte seu representante o xogador estaba a facer moito por voltar a Coruña, nos seus derradeiros anos de fútbol. Non acadou a carta de liberdade, pero chega cedido, polo que o RC Deportivo terá que pagar unha cesión.
O lateral esquerdo coruñés volve deste xeito á que foi a súa casa durante 11 anos, entre os 12 e os 23, tempo no que pasou por practicamente todas as categorías inferiores e chegou a debutar oficialmente co primeiro equipo.
Despois de iniciarse no fútbol nas filas do Victoria CF, Raúl fichou polo Deportivo sendo alevín, en 2001. A partir de entón escalou por todas as categorías inferiores até chegar ao Fabril, previa cesión ao Montañeros CF (2008-2009). No filial deportivista xogou dúas temporadas (2009-2010 e 2010-2011) nas que acumulou 31 partidos en Segunda B, 26 en Terceira (1 gol) e 2 en playoff de ascenso a Segunda B, o que totaliza 59 encontros e 1 tanto.
No primeiro dos seus dous cursos co filial estreouse co primeiro equipo, da man de Miguel Ángel Lotina. Raúl debutou, substituíndo a Sergio, o 4 de abril de 2010 fronte ao Atlético de Madrid (3-0) no Vicente Calderón e xogou outros 4 encontros, todos como titular. Son, a día de hoxe, os seus únicos 5 choques oficiais co Dépor.
Trala súa segunda campaña fabrilista, foi cedido ao UD Melilla, co que xogou 28 partidos en Segunda B. Ao finalizar a mesma, non ampliou a súa vinculación co Deportivo e asinou co UD Almería, co que alternou actuacións no equipo B (Segunda B) e o primeiro (Segunda), ao que axudou a subir a Primeira.
Ao ano seguinte, foi cedido ao Alavés no mercado de inverno. Ao final de curso, rescindiu contrato co club andaluz para asinar definitivamente polo conxunto vitoriano. En Mendizorroza xogou tres campañas completas e sumou outro ascenso á división de honra.
Raúl fichou no verán de 2017 polo CD Leganés, no que militou temporada e media, antes de poñer rumbo ao Girona FC no mercado de inverno do curso 2018-2019. Á conclusión da temporada, o defensa coruñés incorporouse ao Getafe CF, desde onde a metade de campaña foise cedido a un Real Valladolid ao que foi traspasado definitivamente ao final do curso 2019-2020.
Agora, após dúas campañas e media no equipo valisoletano, co vén de lograr o terceiro ascenso a Primeira da súa carreira, regresa ao Dépor unha década despois de abandonalo.
Raúl xogou 86 partidos en Primeira División, 108 en Segunda División, 79 en Segunda B e 4 co Getafe CF na Europa League, ademais de 26 encontros en Copa do Rei. Neses 303 partidos profesionais marcou 10 goles: 1 en Primeira, 8 en Segunda e 1 en Segunda B.
-Foto e Texto : rcdeportivo.es/piratasdemuxia