O RC DEPORTIVO CONFIRMA A RESCISIÓN DE CONTRATO DE IBAI GÓMEZ, HORAS DESPOIS DE SER XA FILTRADO POLA PRENSA.

 

O RC Deportivo confirmou a rescisión de Ibai Gómez, tras publicalo La Voz de Galicia, horas antes. O xogador dará mañán unha rolda de prensa.

“O RC Deportivo e Ibai Gómez Pérez (Bilbao, 11 de novembro de 1989) chegaron a un acordo para pór punto final á súa vinculación, iniciada o pasado verán.

O RC Deportivo quere agradecer a Ibai o seu traballo nesta etapa como branquiazul, desexándolle os maiores éxitos no seu futuro persoal e profesional.

Ibai Gómez despedirase mañá do deportivismo ás 12:00 horas, nunha rolda de prensa na Cidade Deportiva de Abegondo”.

Ainda non se sabe o motivo, pero primeiro Borja Jiménez, que a un xogador que necesitaba minutos, non llos dou, e despois Óscar Cano, moito máis, deixándoo fora, (a menos que fose por petición do xogador). Non foron capaces de recuperar a un superclase, como si o fixeron outros, con Babel, Sissoko, ou Wilhelssom, este último con menos traballo cos outros.

Deixa o equipo un grandísimo xogador, que no pouco que xogou amosou a sua enorme calidade, e sen ter nin unha axuda, cun equipo que ainda ten moito que demostrar, para ser o que todos pensamos, tarea para Óscar Cano, que non consigueu recuperar a un enorme xogador ca talla para xogar na “miseria” da 2ª B, ou 1ª RFEF, como lle chaman agora, pero que non deixa de ser a 3º División, ao igual que non o veu o “destituido”.

Se se trata dunha decisión persoal do xogador…Moita sorte na vida Ibai Gómez, sexa se continuas xogando, adestrando, ou simplemente vendo fútbol.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia