Ante o “overbooking” de xogadores ca volta de moitos cedidos e con varios dos que estiveron no equipo esta pasada tempada e que teñen contrato pero non deron a talla, Hugo Rama era un dos que xogou pouco pero que sempre que saeu o fixo ben ou dando a talla pero que ten a varios xogadores por diante na sua posición.
Hugo, deportivista confeso era un xogador que daba moito no vestiario de cara o ánimo e ao bo “rollo” cos compañeiros e que mereceu xogar máis pero que ata que chegaron as lesións non tivo oportunidades. Un xogador querido e que queremos e ao que lle desexamos o mellor porque se vai un dos nosos.
Así anunicaba o clube a sua non renovación :
“Hugo Rama conclúe a súa etapa no RC Deportivo despois de dúas temporadas nas que contribuíu ao ascenso do primeiro equipo masculino ao fútbol profesional, un logro que el mesmo cualificou como “cumprir un soño”. Ademais, foi parte fundamental na conquista do título de campión da Primera RFEF e na permanencia en LaLigaHypermotion.
O futbolista de Sigüeiro sempre presumiu de deportivismo: “Cada vez que saio ao campo é estar coa camiseta que sempre desexei xogar”; e confesou que “nunca fora tan feliz no día a día e facelo en casa é moito mellor”.
O RC Deportivo quere transmitirlle o seu agradecemento polo seu compromiso, dedicación e profesionalidade, valores que o converteron nun dos futbolistas máis queridos polos seus compañeiros, polos técnicos, polos empregados do Club e por #ANOSAFORZA”.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”