Trilli un xogador con moi boas cualidades.
O RC Deportivo confirmou oficialmente a marcha de Álvaro “Trilli” ao FC Barcelona que repite a clásica maneira de roubar xogadores a equipos que fan xogadores dende nenos dándolles todo o necesario para chegar a ser futbolistas.
Tardou en pagar o equipo catalán polos seus problemas cas finanzas pero o desenlace, non desexado polo deportivismo, chegou, e únese así Trilli a moitos xogadores que prefiren trocar de aires antes ca tentar trunfar no seu equipo. Fai uns días tamén co sistema do raposo levábase o Villareal a dous xogadores do cadete campión de División de honra, e o ano pasado o Real Madrid a Noel.
Os cataláns lévanse ao xogador que traía mellores virtudes futbolísticas dos que foron fai un par de anos campións de España xuvenís, pero a diferenza de rapaces coma, Barcia, Yeremai ou Mellla, antre outros que prefiriron continuar no equipo que lles deu todo. Moita parte destas situacións veñen sucedendo por mor dos representantes que ofertan aos rapaces coma se fosoen cabezas de ganado.
O noso desexo de que trunfe pois ten calidade de abondo para facelo se as lesións llo permiten. O pasado ano pouco puidemos disfrutar dél por culpa dun adestrador infame que non o puxo nen nos partidos nos que se lesionou ou estivo lesionado o lateral dereito Antoñito. Todo trocou ca chegada de Rubén de la Barrera, e este ano é todo novo, polo que non cabe desculpa ningunha, e menos con tanto ainda por diante.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”