O RC DEPORTIVO CONFIRMA A FICHAXE DE VÍCTOR GARCÍA.

 

Tal e como adiantábamos onte o ex do Fabril e que chega cedido polo Valladolid CF, Víctor Garcia, extremo dereito de velocidade, desborde e potencia física, é confirmado polo RC Deportivo, e xa adestrou esta mañán en Abegondo, onde a grata sorpresa foi a participación no adestramento de Juegen Elitim :

“Víctor García Raja (Xeraco, Valencia, 16 de setembro de 1997) convértese en novo xogador do RC Deportivo para a próxima temporada, en condición de cedido por parte do Real Valladolid.

Deste xeito, Víctor regresa á Coruña, xa que formou parte do RC Deportivo Fabril na campaña 2018-2019. O extremo aterrou en Abegondo no verán de 2018, procedente do CF Torre Levante da Terceira valenciana, a par doutro actual compoñente do primeiro cadro deportivista, Diego Villares.

Víctor foi un dos xogadores destacados daquel Fabril 2018-2019, co que xogou 36 encontros e marcou 7 goles. Ademais, naquela temporada chegou a debutar co primeiro equipo, no encontro da segunda rolda da Copa do Rei fronte ao Real Zaragoza, nunha eliminatoria a partido único.

Despois do descenso fabrilista a Terceira División, foi traspasado ao Real Valladolid, con cuxo filial xogou 27 partidos e anotou 4 tantos, tamén en Segunda B. Ese mesmo curso tamén asomou a cabeza no primeiro equipo branquivioleta, pois chegou a debutar en Primeira, actuando en 2 encontros e mesmo marcando 1 gol.

A pasada campaña, a entidade valisoletana cedeuno ao CE Sabadell, recentemente ascendido a Segunda División. Co conxunto vallesano, no que compartiu vestiario cos agora deportivistas Ian Mackay e Jaime, xogou 35 encontros, 20 deles como titular.

Víctor incorpórase xa ao adestramento do equipo esta mañá en Abegondo ás ordes de Borja Jiménez”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo