Levantou moita espectación cando saltou que o rapáz do Arsenal, Charlie Patiño chegaba a Coruña para asinar por 3 tempadas, e trala chegada na tarde deste Domingo ao aeroporto de Lavacolla, no día de hoxe completábase a fichaxe ca chegada do transfer e o RC Deportivo confirmaba a fichaxe, cun emotivo vídeo no que o rapáz facía a sua maleta, acompñado do seu pai e poñendo unha foto xa icónica dél de neno coa camiseta e a bufanda deportivistas. “Cúmplese un soño”, din no vídeo o seu pai Julio Patiño e o rapáz.
Así o presenta o clube : “O Dépor pechou a fichaxe de Charlie Michael Patiño (Watford, Inglaterra, 17 de outubro de 2003) até o 30 de xuño de 2028.
Este centrocampista zurdo, fillo de pai coruñés, formouse na canteira do Arsenal e chegou a debutar no primeiro equipo da man de Mikel Arteta o 21 de decembro de 2021 nun partido da EFL Cup ante o Sunderland, onde ademais marcou un gol.
Xogou cedido polo Arsenal na Championship (Segunda División inglesa) no Blackpool (2022-23) e o Swansea City (2023-24), cun total de 67 partidos, 5 goles e 8 asistencias. Ademais participou en 5 partidos na FA Cup cos 3 clubs citados.
Con dobre nacionalidade inglesa e española, Charlie Patiño é internacional por Inglaterra sub-15, sub-16, sub-17, sub-19, sub-20 e sub-21.
Recoñecido deportivista desde hai anos, a predisposición e as ganas de Charlie Patiño de fichar polo RC Deportivo resultaron claves para que o noso Club puidese incorporar a un dos futbolistas máis talentosos e prometedores do fútbol inglés”.
-Foto e vídeo : RC Deoprtivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
