O RC DEPORTIVO CONFIRMA A DESVINCULACIÓN TOTAL CON CELSO BORGES QUE VOLVE O SEU PAÍS O, ALAJUELENSE.

 

O RC Deportivo confirmou con escueto comunicado a desvinculación con Celso Borges por medio do ERE :

“Celso Borges Mora (San José, Costa Rica, 27 de maio de 1988) non continuará pertencendo ao RC Deportivo ao alcanzarse un acordo sobre os termos da súa resolución contractual. O centrocampista internacional tico regresara ao Deportivo na Temporada 2020-2021 após defender a camiseta branquiazul catro temporadas nunha etapa anterior. No computo global Borges deixa o Dépor após disputar 133 partidos, anotado 17 goles e dado 10 asistencias en algo máis de 10.000 minutos sobre o terreo de xogo.

O RC Deportivo quere agradecer a Celso a súa profesionalidade, trato e achegas ao equipo e ao Club en todo este tempo, desexándolle os maiores éxitos profesionais e persoais nos seus futuros proxectos”.

Desta maneira o xogador que tando deu polo clube marcha pola porta datrás, tras voltar para axudar o equipo na pasada tempada, (outra cousa é o contrato que lle fixera a anterior diretiva). Unha vez máis a nova diretiva actua como unha empresa, sen escrúpulos polo pasado de uns e outros que se foron e que se irán.

 

Os compañeiros amosan o cariño e admiración o “Tico”

Unha e outra vez, Borja Jiménez, Bergantiños, Héctor Hernández, etc, amosaron o seu cariño e boas palabras a profesionalidade de Borges. Hoxe mesmo Héctor colgaba no seu Twitter unha emotiva foto de despedida : 

 

 

Volta o seu país para xogar no Alajuelense

Segundo o clube costarricense, LD Alajuelense, da cidade de Alajuela, fundado en 1919, o xogador xa ex deportivista fichou con eles. Este equipo foi un dos fundadores da Primeira División de Costa Rica e xogou toda vida nela, sendo un dos dous únicos equipos deste país en xogar ligas internacionales, xunto co CD Motagua.

 

Dende piratasdemuxia non podemos máis ca agradecerlle ao costarricense todo o que deu polo noso clube. Puideron sairlle mellor ou peor as cousas no campo, pero a su entrega e cariño as cores foi sempre innegable, e seguía séndoo a pesares de non ter dorsal e saber a cenza certa que nestes casos de ERE a xustiza sempre tira pola situación económica da entidade que o solicita.

Que todo che vaia do milloriño, Celso : “Pura vida”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies