O RC DEPORTIVO CONFIRMA A CHEGADA DO INTERIOR ESQUERDO, CARLOS DONCEL.

 

O RC Deportivo confirma a chegada do extremo esquerdo,Carlos Doncel, e nun vídeo no que anuncian que os xogadores ademáis de levar na parte traseira a publicidade de ABANCA, levarán cada un unha publicidade exclusiva doutro patrocinador. Nese vídeo aparece o nome de Doncel, co número 24.

Carlos Doncel Ordóñez (Cabrera de Mar, 4 de decembro de 1996) é novo xogador do RC Deportivo para as 2 próximas temporadas. O atacante catalán chega libre após finalizar a súa vinculación co Real Valladolid.

Formado no CF Damm, tamén pasou polo Lleida Esportiu e o RCD Espanyol B antes de recalar no seu actual equipo. A última temporada xogouna en Segunda División, cedido na SD Ponferradina, acumulando 36 partidos, 1 gol e 2 asistencias en case 2.000 minutos de xogo.

A esta experiencia hai que sumarlle 4 partidos de Copa do Rei e máis dun centenar de encontros en Segunda B repartidos entre os Grupos II e III. Nos seus 28 partidos co Valladolid Promesas anotou 6 goles e deu 1 asistencia mentres que entre Espanyol e Lleida suma 78 partidos, 9 goles e outro servizo a un compañeiro.

Carlos Doncel chega esta tarde a última hora á nosa cidade para incorporarse xa ao traballo do equipo mañá na sesión a porta pechada en ABANCA-RIAZOR e ser presentado a próxima semana.

 

Vídeo novos anunciantes do RC Deportivo nas camisetas : https://twitter.com/RCDeportivo/status/1426228555189342209

-Foto e Texto : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies