O RC DEPORTIVO CONFIRMA A CESIÓN DE DIEGO ROLAN O PYRAMIDS FC DA PRIMEIRA EXIPCIA.

 

O Real Club Deportivo,  ven de confirmarnos a cesión de Diego Rolan po Pyramids FC para que o dianteiro uruguaio complete o que resta de Tempada 2020-2021 no equipo da Premier League exipcia.

Rolan que xa non adestrou o venres, nen foi convocado para o encontro de onte, deixa así unha ficha libre para que se poida facer unha incorporación nun mercado de fichaxes que pecha ás 00:00 horas de hoxe. Outro que parece que podería abandiar o barco é o luso Rui Costa. Sona moito a sua cesión a un club do seu país. Onte non entrou na convocatoria para o encontro ante o Unionistas e todo apunta a que podería ser outro dos que deixaran unha ficha libre.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies