O RC DEPORTIVO COMUNICOULLE A NACHO GONZÁLEZ QUE NON CONTINUARÁ NO EQUIPO.

 

O primeiro da lista en dar de baixa o clube é o uruguaio Nacho González, xogador que chegou con moi boa pinta e que acabou decepcionando a todo o mundo. Fernando Vázquez comezou usándoo, pero acabaría quentando banquiño, e De la Barrera, alabouno en canto a sua entrega noas adestramentos, pero só lle deu minutos cando estaba asegurada a praza na 1ª RFEF.

Non se adaptou o noso fútbol, e non foi quen de siquera dar destellos nunha competición tan cativa en calidade como é a 2ª B española.

O clube deulle as gracias pubricamente polos servizos prestados e anunciuolle que non contan con él e dano de baixa acolléndoise a unha clausula do seu contrato.

Así nolo contan dende o RC Deportivo : “Acolléndose a unha das cláusulas do contrato con Juan Ignacio “Nacho” González Brazeiro, (Paysandú, Uruguai, 5 de novembro de 1993), comunicou ao futbolista que a próxima temporada non manterán a súa vinculación contractual a pesar de que lle restaba unha temporada máis como futbolista branquiazul. O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente ao mediapunta, que recalou no Dépor procedente da Praza Colonia o pasado verán, o seu traballo, esforzo e dedicación diaria mentres defendeu a camiseta Deportivista, desexándolle a maior das sortes tanto a nivel persoal como na súa futura carreira profesional”.

A esta nota informativa do clube, o xogador deixaba unha mensaxe de agradecemento no seu Twitter que rezaba : “Muchas gracias!. Les deseo el mayor de los éxitos!”.

“Dende Piratas de Muxía tamén queremos desexarlle a mellor das sortes, e darlle as gracias polos servizos prestados ao noso clube”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia