Hoxe a partires estaban citados os xogadores ás 08(15 horas en Abegondo para arrancar cun exame médico. Despois de almorzar xa na propia instalación, os futbolistas dividiranse en 2 grupos que se repartirán entre a Cidade Deportiva e o Hospital Quirón Salud A Coruña.
Os futbolistas citados son os seguintes:
Ian Mackay, Germán Parreño, Alberto Sánchez, Paris Adot, Retuerta, Balenziaga, Pablo Martínez, Jaime, Dani Barcia, Villares, Isi Gómez, Kuki Zalazar, Arturo, Víctor Narro, Yeremay, Lucas, Martín Ochoa e Diego Gómez; ademais do futbolista xuvenil David Mella.
Pablo Vázquez, cuxo fichaxe se pechou o sábado, unirase ao grupo o mércores pola mañá; mentres que Trilli e Roberto Olabe teñen permiso da Dirección Deportiva para non incorporarse, no caso do vasco o clube xa anunciou que deixaba o equipo, tras acollerse a unha clausula do seu contrato, na que quedaba libre se quería no caso de non acadar o ascenso. Nas redes sociais ao mesmo tempo que o clube anunciaba que non continuaba no cequipo, Olabe deixaba unha pequena despedida : “…fué maravilloso mientras duró. Cuidaros, @rcdeportivo, cuidadles. Eskerrik asko A Coruña. Grazas Forza Depor sempre”. Pola sua banda pablo Brea renovou ata o 2025 e foi cedido ao CD Arenteiro, rival esta tempada do equipo deportivista.
Tamén botará a andar a nova diretiva
Hoxe dende ás 12:00 horas terá lugar a Xunta Xeral de Accionistas, na que se fará xa de maneira oficial o reparto de cargos na diretiva do clube branquiazul. Un feito para o que os accionistas minoritarios non temos poder de decisión dado que ABANCA que é quen os propón, ten o 76% das accións.
A Asemblea que será de maniera telemática, como xa vos informamos, poderá ser eguida en direto por todos aqueles accionistas que se acreditasen, e tamén haberá turno de palabra para os que o solicitaron anteriormente.
Este grupo que dirixirá o RC Deportivo tralo trasncurso da Xunta Xeral de Accionistas
Álvaro García Diéguez
O novo presidente, 47º na historia do RC Deportivo, é Licenciado en Ciencias Económicas pola USC e Máster en Mercadotecnia Empresarial pola Politécnica de Madrid. Desenvolveu integramente a súa carreira profesional no sector financeiro, ocupando postos de responsabilidade nas áreas de Desenvolvemento de Negocio, Medios de Pago e Negocio Especializado, responsabilizándose da definición da estratexia comercial no ámbito de particulares e empresas. Nos últimos anos foi o director xeral de ABANCA Seguros, área que se converteu nun dos alicerces estratéxicos da entidade financeira. Foi e é conselleiro de diversas entidades do sector de Investimentos e Seguros e profesor da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade da Coruña.
Álex Bergantiños García
Xogador deportivista durante máis de dúas décadas, o noso 2Gran Capitán”, deportivismo puro sen paliativos. Desde a súa chegada en idade xuvenil procedente do Imperátor OAR xogou 21 temporadas como branquiazul. A pesar de debutar co Dépor con 26 anos, xogou 336 partidos oficiais que lle converten no 9º xogador que máis veces vestiu a camiseta branquiazul nos seus case 117 anos de existencia. Álex disputou 92 partidos en Primeira División, 152 en Segunda División, 74 en Segunda B ou Primera Federación, 11 en Copa do Rei, 3 en playoff de ascenso a Primeira División e 4 en playoff de ascenso a Segunda División, nos que o excapitán branquiazul asinou 11 goles.
Carlos Ballesta Edreira
Outro gran deportivista, vinculado ao Deportivo como futbolista, adestrador e observador durante case 40 anos. Chegou ao equipo Xuvenil en 1970, subiu ao Fabril en 1973, saltou ao primeiro equipo en 1974 e nel xogou 278 encontros oficiais ata que se retirou en 1985. Entre 1986 e 1995 exerceu como segundo adestrador con Eusebio Ríos, Luis Rodríguez Vaz e con Arsenio Iglesias e desde 1995 até 1999 como técnico do Fabril. Desde 2014 forma parte da organigrama de #ANOSACANTEIRA no seu departamento de Captación.
Michelle Clemente Escotet
Moitos achacan que é a sobriña do presidente de ABANCA, pero tamén hai que dicir que foi xogadora do Deportivo Feminino, polo que é xente de fútbol. Tamén participou na Selección Venezolana Sub-17 e Sub-20. Participou no Mundial Sub-17 en 2010, no Campionato Suramericano Sub-17 e Sub-20 e disputou a Copa Liberadores en 2011. B.A. en Business Management pola Universidade de Carolina do Norte de Chapel Hill. Actualmente traballa na xestión do sector Hospitality (F&B) e no desenvolvemento de estratexias empresariais. É experta en análise financeira, optimización de procesos e cumprimento normativo. Anteriormente, desenvolveu a súa carreira nas áreas de Medios de Pago, Mercadotecnia e Responsabilidade Social Corporativa.
Vicente Fernández Rodríguez
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, con especialización en deportes de equipo, principalmente fútbol, baloncesto e balonmán. Conta con formación complementaria en Ciencias da Actividade Física, Deporte e Saúde, en INEF Galicia. A súa traxectoria profesional desenvólvese integramente no mundo do deporte. Foi adestrador e preparador físico no Básquet Coruña, técnico nas escolas deportivas de baloncesto e fútbol da Coruña, e técnico deportivo das actividades físico-deportivas e de saúde en Abegondo.
-Fotos RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo