O RC DEPORTIVO APOSTA POR YEREMAY E YEREMAY APOSTA POLO DEPOR.

 

As cousas continuan a ser o revés do que di a prensa maliciosa e os pseudo deportivistas que plagan as redes de “fakes” e de basura. Facíaseme raro que Escotet, cuarto máis rico de España, non movese ficha, e vaia se a moveu, cunha gran xestión da dirección deportiva.

Estrasburgo, afiliado o Chelsea, Como, Milán, Las Palmas, e outros puxeron o seu interese por Yeremay petando forte, (uns máis ca outros), e o Estrasburgo que ven de vender un xogador por 14 millóns de euros, facía caixa para chegar os 20 millóns da clausula, pero se onte recibíamos a triste nova da despedida dun dos máis grandes xogadores da historia do Depor, Lucas Pérez, hoxe con alivio recibimos a boa nova do compromiso de Yeremay a resposta da nova proposta do RC Deportivo.

Todo apunta a que terá unha sustanciosa subida de soldo e tamén da sua clausula de rescisión. Tamén hai que destacar a repesca de Diego Gómes rtas facelo ben no Arenteiro. Un xogador de sobra coñecido por Óscar Gilsánz e hai tambores lonxanos que puntan a repesca de Rubén López. Xogadores que gracias a xestión da dirección deportiva do clube que obrigaba a que tivesen minutos tódolos cedidos, tiveron unha traxectoria de crecemento moi alta e son xogadores que nada teñen que adaptar pois levan aqui toda ou gran parte da sua vida.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies