O RC DEPORTIVO ANUNCIA QUE ISI GÓMEZ NON CONTINUARÁ NO CLUBE O QUE ABRE A PORTA A FICHAXE DE MANU MOLINA.

 

O RC Deportivo ao igual que fixo onte anuncia unha nova baixa. Se onte era a de Kuki Zalazar que rescindía para enrolarse no Córdoba, hoxe é a de Isi Gómez, que podería seguir os pasos do seu compañeiro. 

O xogador madrileño chegaba a pasada tempada o clube deportivista tras asinar co Córdoba procedente do Bádajoz, pero logo daba marcha atrás e asinaba co Depor o que fixo que saltasen chispas dende terras cordobesas. O final pasou polo equipo branquiazul con máis pena ca groria, sendo un xogador con detalles de calidade pero sen continuidade.

Esto abre a porta a máis ca anunciada chegada de Manu Molina, centrocampista que non quixo renovar co Real Zaragoza, e que completaría con Villares, José Ángel e o recén chegado Salva Sevilla, o cuarteto de mediocampistas, de diferentes perfís.

Se todo segue como pasou onte, na tardiña, e antes de que peche o mercado se faga o anuncio da chegada de Molina ou outro xogador.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”