O RC DEPORTIVO ANUNCIA QUE GILSANZ NON SEGUIRÁ..SERÁ O “VORO” DO DEPOR?.

O RC Deportivo ven de anunciar que Óscar Gilsanz non continuará dirixindo o depor, algo que xa viñan “presionando” varios medios de comunicación que durante o final de tempada tivo que aguantar o técnico betanceiro día tras día ca mesma pregunta de se ía a seguir. As derrotas nos derradeiros 4 encontros consecutivas a presión mediatica e os asubíos da afección no derradeiro encontro fixeron que a diretiva lle tremese a cadeira e que buscase dar un novo xiro a xestión na parcela técnica do equipo.

Óscar Gilsanz deu estabilidade o equipo cando o colleu en descenso na 12ª xornada, freou a sangría de goles en contra e foino levando ata máis arriba e chegou a falarse de Play-Off pero tivo a mala sorte de que se foron caendo xogadores titulares e diferenciais dos que os seus recambios non deron a talla. Xente coma Barcía, Mella, Ximo Navarro, José Ángel, Obrador, (en varios encontros), e ata Eddahchuri que comezaba a despuntar e perdeuse o final de liga, ou o caso de Lucas co que se perdeu todo o perigo e goles en balón parado.

Agora deixanos quen trouxo de novo o galego as roldas de prensa, un home que coñece a perfección a canteira e sabe de quen ten que tirar para que siga crecendo en vistas o futuro, unha persoa da casa, humilde traballadora e honesta, ao que o parecer lle oferceron un posto novo no Depor e non estaría mal por se o que traen sae “rá”, e hai que meter man de novo do de Betanzos, o da aldea, o dos nosos…como lle pasou ao ex xogador deportivista Salvador González “Voro”, que no Valencia chegou a ser ata en 8 ocasións o “apagalumes” desde que collera o equipo “che” trala nefasta tempada de Koeman no 2008 a falla de 5 xornadas para o final e salvalo do descenso, algo se se repiteu coa destitución de Pellegrino, (2012), Nuno Espirito Santo, (2015), Pako Ayestarán, (2016), Césare Prandelli, (2017), Alberto Celades, (2020), Javi Gracia, (2021) e Genaro Gattuso, (2023)…

Os nosos ánimos para Óscar Gilsanz, e desexarlle o mellor, e se queda sería unha excelente nova pois é un dos noso, por moito que lle pese aos poderes fácticos mediaticos antideportivistas lobos vestidos de ovella, así coma os das redes que profiren de deportivismo e o único que son é máquinas do derrotismo e do desestabilizamento.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”, (Socio do Depor desde 1991, accionista, presidente-fundador da Peña Deportivista Os Piratas de Muxía e wetmaster de www.piratasdemuxia.es).