O RC DEPORTIVO AMPLÍA O CONTRATO DO CANTEIRÁN, YEREMAY, E FICHA O DIANTEIRO XUVENIL DO URAL, GARABOA.

 

Desta volta non foi o RC Deportivo o que anunciou a ampliación do xuvenil, Yeremay Hernández Cubas “Peque”, foi o propio xogador no seu twitter, adiantándose ao clube, que o anunciará en breve.

O canario foi un asíduo do Fabril con Valerón, no que xogou 17 encontros de liga, ademáis de xogar no Xuvenil A, Campión de España.

No 2018 o Real Madrid tratou de fichalo para a sua canteira, cando “Peque” estaba nos cadetes do equipo deoprtivista. Coparábao a prensa madridista con Isco, no seu estilo de xogo no medio do campo, pero o rapáz, prfireu seguir na Coruña, onde se sentía moi integrado, segundo publicou OK Diario no seu día.

O extremo deportivista anotou esta parada tempada, 3 goles e renova ata 2024, como xa o fixeron tamén os seus compañeiros, Dani Barcia, Jairo Noriega e David Mella, nunha boa política de amarrar as perlas da canteira.

Garaboa ficha polo RC Deportivo

O equipo branquiazul asina ata 2024 a Pablo Pérez Garaboa, procedente do URal CF. O dianteiro que tamén xogou no Oza Xuvenil e no Atlético Coruña Montañeros, anotou co Ural 4 goles en 9 encontros xogados na División de honra xuvenil.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies