O RC DEPORTIVO ABRE A PRERRESERVA DE ENTRADAS PARA O ENCONTRO ANTE O VIGO B, SEN SABER AINDA O AFORO PERMITIDO.

 

O domingo 29 de agosto de 2021 o Estadio Riazor acolle a primeira xornada da Primeira RFEF 2021-2022: o Deportivo-Celta B (21:30 h.).

Polo momento, o RC Deportivo non coñece o aforo permitido polas autoridades para o evento polo que, inicialmente, ábrese exclusivamente o procedemento de petición/prerreserva de entradas para persoas socias do Dépor 2021-2022.

As entradas para o debut de Os Nosos como locais en partido oficial poderanse conseguir do seguinte modo:

– Ao ser partido con aforo limitado non se poderá acceder ao Estadio con carné de temporada senón que será obrigatorio solicitar e ter entrada.

– Só poderán solicitar entrada, sen custo, persoas socias do Deportivo 2021-2022 que renovasen o seu carné antes do xoves 26 de agosto ás 12:00 h.

– A posibilidade de ter entrada debe xestionarse, exclusivamente, a través de reservas.rcdeportivo.es

– Todas as acodes socias que renoven o seu abono entre a publicación desta información e o 26 de agosto ás 12:00 h. deberán esperar, polo menos, 12 horas antes de facer a petición de entrada en reservas.rcdeportivo.es, para que o seu abono renovado apareza no sistema de reserva de entradas como autorizado a poder solicitar a súa entrada.

– Unha vez pechado o prazo de solicitudes e coñecido o aforo definitivo do Estadio para o partido, notificarase persoalmente a cada persoa peticionaria de entradas se dispón ou non dela e do procedemento, 100% telemático, para poder recibila, así como de todos os detalles para poder facer uso da mesma para o Dépor-Celta B.

 

Camiño dos 15.000 socios renovados

O pasado venres o clube pechaba as portas da Oficina de Atención o Deportivista con máis de 13.000 socios renovados, polo que así como se achegue o día do encontro, e coas renovacións presenciais en activo, os números apuntan a que se chegrá aos 15.000 socios renovados, sendo o clube ca masa social máis importante da categoría, da que agora xa está na primeira praza, seguido do CD Badajóz con 12.300. Hai que ter en conta tamén que ata saber o aforo que se permitirá non se dan altas novas de socios.

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia