O RAYO DERROTA AO ALBACETE, (1-0), E PONLLE UNHA MAN O DEPOR.

O Rayo puxo unha enorme pancarta de memoria aos mortos polo COVID-19, (D.E.P.).

 

Rayo Vallecano 1-0 Albacete Balompié

Tres meses despois reanudouse a competición no fútbol español. Un gol do peruano Advíncula aos 15 minutos de xogo, (60´), bastoulle ao Rayo Vallecano para levarse os 3 puntos ante o Albacete Balompié, que cun home menos, xa que tiña un expulsado de fai 6 meses cando fora suspendido o encontro no descanso tralos cánticos contra Zozulia, ao aprecer de inclinación fascista.

O equipo albaceteño nunca deu mostras de poder levarse algo de Vallekas. Tan só a balón parado puido dar a sorpresa igualando, pero non chegou a disparar antre os 3 paus ante un equipo  raista que tivo o ontrol absoluto do choque cun 70% de posesión.

Bo resultado para o Depor

Este resultado beneficia ao Depor xa que unha vitoria dos albaceteños faría que estes que están a puntos cos deportivistas, se foran a 3 puntos e un empate, que se fosen 1 punto. Agora coa finalización deste choque a clasificación está completa e nun triple empate como están agora, Albacete, Depor e Oviedo, serían os albaceteños os que baixarían.

Un choque pragado de ex deportivistas

O adestrador Paco Jémez, e os xogadores, Montiel e Saúl foron os ex deportivistas que xogaron no Rayo Vallecano e Pedro Sánhcez no albaceteño.

A anédota

O Rayo Vallecano tapou toda a grada lateral e de porta con sendas pancartas de duelo polos mortos polo COVID-19, (D.E.P,). Decir que unha destas persoas que se levou o cruento Coronavirus foi o pai do presidente do clube “rayista”.

Fútbol sen sangre

O choque amosou o que imos a ver a partires de agora. Un fútbol que só gozará de emoción nos nosos corazóns, pois no campo vese descafeinado, deprimido. Un fútbol feito para os cartos das televisións e “dalgúns” equipos en maior medida que para outros e un desastre para os que somos asíduos dos estadios.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.