O “RATO”, OU “ALCRIQUE”, UN FAMILIAR DA AGULLA EXQUISITO.

 

De seguro que moitos comíchedes este exquisito peixe, que moitos confunden ca “Agulla”, (Belone Belone), pero que non é, ainda que si un parente. O “Rato”, (Scomberesox Saurus Saurus), como lle chamamos en Muxía, e noutros portos da Costa da Morte, é máis coñecido en Galicia co nome de “Alcrique”.

Un peixe da familia da “Xarda”, (Scomber Scombrus), da familia dos peixes azuis. Na época de primavera-verán, pode verse en fresco en supermercados, pescadarías, ou mercados dos pobos, pero como maiormente se come e chega a tódolos fogares é en conserva, (exquisito). Nas latas poñe “Agulla”, (Aguja en castelán), ainda que é erróneo ese nome, en certa medida, aceptado por ser da familia, pero non é o que vai na lata, o que vai é o “Rato”, ou “Alcrique” para os galegos. Tamén está exquisito a plancha, cocido, frito, e especialmente a brasa.

Nesta época é máis doado velo nos mercados, xa que algúns dos barcos do cerco, collen varias toneladas e sacan a venda nas lonxas, pero maiormente vai para conservas.

 

 

Un peixe que mide ata os 30 cms, (a sua parente máis coñecida supera o metro), cun peteiro máis fino e pequeno ca “Agulla”, e que na zona do mediterraneo chaman “Algarín”, e as veces dano por anchoa, o quitarlle os filetes centrais, pois é un peixe que se aproveita todo excepto a cabeza.

Cando aparecen bancos dél, saltan na auga como flechas, o que lle deu o nome tamén na zona mediterranea de “Saltarín”. Tamén ten o nome de “Paparda” en algúns portos españois.

En inglés chámanlle “Atlantic Saury”, (Lagarto Atlántico), o de Sauro, (lagarto), que xa o leva no seu nome científico, (Scomberesox Saurus Saurus), é por ter o corpo  alargado coma un lagarto. En francés chámanlle “Balaou Atlantique”.

Xa coñecedes un pouco máis deste veciño das nosas costas, pequeno, pero exquisito.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia