O RACING DE SANTANDER PON “ON-LINE” A VENTA ENTRADAS PARA O DEPORTIVISMO PARA O ENCONTRO ANTE O DEPOR DO 24 DE OUTUBRO.

 

O Real Racing Club de Santander pon á venda directamente na súa plataforma online entradas para Deportivistas de cara ao partido que o vindeiro domingo 24 ás 12:00 horas, (10:00 GMT), disputan nos “Campos de Sport del Sardinero” fronte RC Deportivo (Footters).

A compra é totalmente libre dentro da zona habilitada para a afección visitante, a Tribuna Sur, polo que o RC Deportivo non intervén no proceso e non pode dar ningunha preferencia a persoas socias ou peñistas do Club.

As localidades teñen un prezo de 15 euros e poden comprarse aquí: https://entradas.realracingclub.es/compras/zona_seleccion/129

-Texto e Foto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies