Sanchís co plantel da “Lonxa d´Álvaro”.
Se onte mesmo comezábamos o apartado “O que o noso ollo ve” na nova web cos diretivos do Muxía CF subidos do andamio pintando a entrada do Municipal da Arliña, hoxe neste apartado traemos a un persoaxe deses que non pasan desapercibidos, ainda que non sexan persoas coma outra calquera.
Neste caso foi o ex xogador internacional do Real Madrid, Manolo Sanchís, que despois de visitar o Santuario da Barca, o de maior culto mariano en Galicia, pasouse polo local do noso colabrorador e ex presidente do Muxía CF, Álvaro Rodríguez, que chamárase “O Coral”, chamarase “Restaurante D´Álvaro, ou chamese como agora “A Lonxa d´Álvaro”, sempre é unlugar de culto para os amantes da boa gastronomía.
Polo que nos comentan dende ” A Lonxa d´Álvaro”, Manolo Sanchís segue a ter bo saque, pero desta volta sobre mesa e mantel. O ex xogador madrileño posou co plantel do local gastro-cultural muxián felíz co trato recibido e cos bos xantares que lle propuxo Álvaro Rodríguez.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR