Estes día despois das finais das Copas da Costa feminina e masculina, que como ben saberedes se sodes seguidores da nosa web, xogáronse o pasado 8 de Xuño do 2025 no “San Paio de Refoxos”, (Xallas-Cee). Unhas finais das que se enfrontaban o CF Muxía e o CF Dumbría tanto nas mulleres coma nos homes.
Nestas cousas que pasan desapercibidas recuperamos aquela sección que tíñamos alá polo 2007 que se denominada “o que o noso ollo ve”, na que desvelábamos detalles curiosos e anecdóticos que pasaban desapercibidos.
Lola, (1ª esq) e Nuria, (1ª der), coas suplentes muxianas.
E na final das féminas no banco muxián había varios encerrados nun, estaban no banco, Nuria Mouzo Vigo e a sua filla Lola Soneira Mouzo, xa o dato era interesante, unha nai e unha filla nunha final de copa…Pero as cousas segundo fomos rascando datos fóronse facendo máis interesantes, pois ademáis de estar unha nai e unha filla compartindo banquillo, Nuria, era a máis veterana da final en idade, pero é que Lola con 11 anos, (cumpre 12 o 23 de Xuño), é a rapaza máis xove na historia dunha final da Copa da Costa Feminina, que suma desde que colleu as rendas a RFGF a sua quinta edición ainda que houbo outras copas orgañizadas por clubes.
Lola a pesares da sua corta idade xa suma moitos méritos no futsal feminino no que está enrolada co Fisober FSF alevín co que mañán sábado disputará a semifinal ante o FSF Zaragoza, no Pavillón Municipal “O Conco”, (Dumbría) por un sitio na final do Campionato de España de Futsal Sub12, e a todo isto ela e as suas compeñeiras de equipo esta tempada foron campioas da liga provincial, da galega e da Copa Galicia. Ademáis temos que sumarlle que foi campiona galega ca Seleccíón da Costa, todo isto en alevín.
Nuria e Lola compartiron banquillo no “San Paio de Refoxos” na finalísima da “V Copa da Costa” feminina o querer o adestrador das muxianas, (Isma Márquez), premiar a rapaza, “xa que estivo a vir a adestrar connosco”. O equipo muxián contaban con moitas baixas e isto fixo que Lola puidese estar presente ainda que por edade non puidera xogar, senón incurriríase en aliñación indebida, pero pasa a ser a rapaza máis xove da historia nunha final da copa costeira con 11 anos, 11 meses e 20 días.
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”
