“O QUE O NOSO OLLO VE” : O MERGULLADOR MUXIÁN SUSO LEMA CAPTURA UNHA “NACRA” DE 30 CMS

 

Xa non é a primeira vez que o mergullador profesional muxián Suso Lema se topa cun especimen do chamado “Mexillón xigante”, máis coñecido cono “Nacra”, (Pinna Nobilis), que ainda que moitos apuntan como un molusco bibaldo do Mediterraneo, tamén o hai nas nosas costas.

Ainda que en Muxía a “Nacra” é o nóme que se lle da a “Nécora”, (Nécora Puber), este molusco, que nada ten que ver co saboroso crustáceo, xa é coñecido de moitos anos atrás, tanto é así que ten a sua propia lenda, e como se agarra cuns longos filamentos que parecen pelos, ao fondo fangoso, así como o fan os mellillóns as pedras, decíase que eses eran os pelos dos afogados en naufráxios que se aferraban ao fondo mariño do que xa formaban parte, estando as almas dos finados dentro da nacra, que as gardaba coma un tesouro. Do seu interior nacarado venlle o nome de “Nacra”, polo nácar.

Suso Lema mergullador profesional da navalla e o longueirón colleu este especimen na zona do Lago, (Muxía), a unha profundidade de 12 metros. Mide 30 cms de longo e de vivo pesa en torno ao Kg.

Na nosa páxina vella xa temos traido algún especimen que colleu, ainda de maior tamaño, e os mariñeiros xa en costa aberta teñen collido no aparello máis dun exemplar ou maiormente grandes cunchas de “Nacra”, pois chega a medir ata 1,20 mts.

 

Curiosidades dos nosos mares, que gardan de todo e que “o noso ollo ve”.

 

Mándanos as tuas fotos

Xa sabes que para a sección de “O que o noso ollo ve” podes mandarnos fotos curiosas, tanto referentes o deporte como doutra índole, e explicándonos o que se ve na foto. Mándanolas a admin@piratasdemuxia.es ou ao whatsapp 626 720047

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es