O QUE O NOSO OLLO VE : “GRAN DETALLE DUNHA NAI AOS XOGADORES E AO ADESTRADOR DO MUXÍA CF INFANTIL”.

Os rapaces do Muxía CF coa manta.

 

Xa temos traido a sección de “O que o noso ollo ve” fotos de Mari Carmen Mouzo Lema, (Carnés), calcetando no campo de fútbol namentras que os rapaes do Muxía CF Infantil xogaban, o noso entender era unha maneira de termar dos nervos nos encontros difíciles e habida conta de que o seu fillo xoga de gardameta, unha posición das máis complicadas deste deporte no que un erro pode representar un gol en contra, pero resulta que Mari, tiña un cometido, o de que os rapaces do banquillo non pasasen frío, e fíxolles unha manta de lá para que estivesen quentiños namentras esperan a que o adestrador os mande o campo.

 

Mari facendo entrega da manta os diretivos do Muxía CF.

 

Mari Carmen fíxolle entrega o presidente do Muxía CF, Juan José Busto da manta de lá no encontro deste sábado 11 de Xaneiro ante o SD Laxe e xa fixeron uso delas os rapaces. Tamén tivo un detalle a carnesana co adestrador, Fabián Gómez, ao que lle fixo entrega dunha ovella de lá, tamén confeccionada por ela, quizais por ser o que leva o rebaño.

Gran detalle desta nai, que ten moito mérito, polo feito e polo cariño co que o fai…

 

Mari, (cun xersei da sua creación), coas nais habituais e o adestrador muxián.

 

A ovella de lá, unha obra de arte para o adestrador, pastor do rebaño.

 

Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos deste encontro realizada pola nosa colaboradora, Vicky Búa.

 

-Fotos : Vicky Búa

-Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.