“O QUE O NOSO OLLO VE” : CARLOS COUSILLAS RETORNOU O CAMELLE TOTALMENTE TRANSFORMADO…OU CASI

 

O laxense Carlos Cousillas Cousillas voltaba a xogar un encontro co SD Camelle da 3ª da Costa na tarde deste sábado 14 de Outubro, tras deixalo fai 3 tempadas o sufrir unha grave lesión nun choque fortuito na disputa dun balón no que sufría a rotura do intestino. Unha lesión que puido ter gravísimas consecuencias de non ir ao hospital e ser operado de urxencia.

Retornou e moitos no “Campo do Rodeiro”, preguntábanse, quen estaba baixo paus, pois o equipo camellán,  é a excepción da costa, xa que namentras na maioría dos equipos hai un ou dous gardametas, o clube que predide José Luis Romaní, conta con 3 en plantilla, Roi, que continua do ano pasado, David, que xa defendera as cores camellanas fai duas tempadas e Carlos que retornaba no día de onte tras como decíamos haber estado en terras camellanas fai 3 tempadas.

Moitos afeccionados preguntábanse quen era o porteiro, e cando lles comentaban que era Carlos o que “rompera a tripa nun partido fai 3 tempoaradas”, non daban creto. 

Na foto podemos ver a evolución do laxense : menos barba, menos pelo e 20 Kgs menos. Verdadeiramente parece máis xove na da esquerda, pero nón son 3 anos menos. O que sí q ue non pasan os anos por ela é a camiseta, diría Rubén Pose : “eche o que ten usar deterxentes bos”.

No minuto 84 deixou o seu sítio a Roi e recibeu o aplauso unánime da bancada, porque en Camelle se de algo saben é de valorar e agradecer o traballo os seus xogadores, (e con esto non quero decir que noutros moitos sítios non).

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.