No vídeo a rolda de prensa de Antonio Couceiro.
O Real Club Deportivo da La Coruña, SAD celebrou esta mañá, de maneira telemática, a súa Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas, sen presenza física das persoas accionistas e coa presenza na sala, exclusivamente, dos membros do Consello de Administración e da mesa da Xunta, do notario requirido para levantar a acta da Xunta e do persoal de apoio imprescindible. Tralo apartado da Xunta Xeral o presidenre Antonio Couceiro deu unha rolda de prensa, na que falou de como será o novo proxecto que van a acometer, explicou de porqué non foron a xuntanza da RFEF, “era meramente informativa”, e de que aos partidos vai o executivo a cargo, neste caso, David Villasuso. Tamén falaron dos novos emonumentos do consello, que supera os 252.000 euros antre todos os membros, (5), do futuro de De la Barrera, e Barral, (deixao para tralo remate da liga), confirmou a petición a Xunta de Galicia de ampliar a asistencia a Riazor para o Domingo, e outras cousas.
Antonio Couceiro, prexidente do RC Deportivo dixo na sua toma de palabra que : “Estamos a traballar en poñer en marcha un proxecto de excelencia profesional que permita regresar á máxima categoría do fútbol profesional e reduza o impacto que a categoría ten nas decisións económicas do club”…”A nivel deportivo a estratexia pasa por potenciar a área de formación de xogadores, desenvolvendo un proxecto de canteira sostible nas instalacións de Abegondo”…”Captar, formar e dar oportunidades aos mellores xogadores novos de Galicia. Este é o noso modelo”…”Hai que manterse en 1ª RFEF e preparar ao equipo para tratar de volver a Segunda. É unha situación complexa, porque dentro desta aposta a longo prazo que fai o máximo accionista, hai que asumir situacións intermedias para facer o esforzo necesario para lograr regresar ao fútbol profesional e un futuro sostible para o club”…”no caso de non estar na Primeira RFEF, o principal accionista manifestou que aposta polo Dépor a longo prazo e se hai que partir da Segunda RFEF, partiremos da Segunda RFEF”.
Queren centrarse agora en que se acade a permanenza na 3ª categoría do fútbol español e despois tomar decisións, como a da futura plantilla : “Non é momento de distraccións, aínda que a todos cónstanos o a gusto que senten todos o xogadores no Deportivo. O esforzo económico desta tempada non se poderá manter a próxima e valorarase cada caso. Haberá que tomar decisións importantes e complexa”.
Non quixo falar sobre o futuro de De la Barrera e Ruchard Barral : “Fáltanos moi pouco tempo para que o Consello empece a tomar decisións. Pero só pensamos en gañar, gañar e gañar a día de hoxe. Que cada un asuma responsabilidades e o Consello tomará decisións cando toque. Todos seguimos empuxando para chegar á 1ªRFEF e así o están facendo todos. Centrados no seu labor diario e non na súa situación contractual. O propio da Barreira insiste en que o importante agora é conseguir a permanencia”.
Retribucóns a diretiva
“O artigo 217 de sociedades de capital recolle que o importe máximo anual do conxunto de administradores debe ser aprobado pola Xunta. A Lei recolle que debe gardar proporción razoable coa importancia da sociedade e ter en conta os estándares de mercado. A proposta que o Consello de Administración ten que formular é propoñer á xunta un límite máximo de retribución anual que quedaría vixente para o seguinte exercicio. Propoñemos xa, @teniendo en cuenta que o que desexamos é que estea vixente a partir do 1 de xullo, pero hai que establecelo xa, proponse 252.000 euros/ano de importe máximo de retribución do consello. Nesta 20-21 terá unha pequena aplicación e estará plenamente vixente para a 21-22”.
A Asemblea Xeral en números
Asistiron presencial e telemáticamente 108 persoas accionistas, representando un total de 679 títulos e fixérono a través de representante 680 persoas accionistas, cun total de 596.817 títulos. Concorreron, pois, un total de 788 persoas accionistas, presentes telemática ou presencialmente e representados, cun total de 597.496 títulos.
Sendo o capital social do Real Club Deportivo da Coruña, SAD inscrito no Rexistro Mercantil, á data da Xunta de CORENTA E CINCO MILLÓNS, SEISCENTOS CINCUENTA E SETE MIL CATROCENTOS OITENTA E NOVE EUROS CON VINTE CÉNTIMOS (45.657.489,20€) representado por un total de setecentas cincuenta e nove mil seiscentas noventa e dúas accións (759.692) accións de 60,10 euros de valor nominal, atopábase, presente ou representado, na Xunta Xeral o 78.65% do mesmo.
Por existir o quorum suficiente, a Xunta Xeral celebrouse en primeira convocatoria cos seguintes resultados nos puntos da Orde do Día:
Primeiro. – Informe do presidente aos Accionistas relativo á evolución e situación do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD e as súas Sociedades Dependentes.
Punto informativo
Segundo. – Aprobación dos seguintes puntos relativos ao Exercicio Social pechado a 30 de xuño de 2020:
2.1. Aprobación das Contas Anuais Individuais.
A favor 596.799 99.886%
En contra 29 0.005%
Abstencións 96 0.016%
2.2. Aprobación das Contas Anuais Consolidadas.
A favor 596.750 99.878%
En contra 66 0.011%
Abstencións 102 0.017%
2.3. Aprobación da xestión social realizada polo Consello de Administración.
A favor 596.699 99.869%
En contra 156 0.026%
Abstencións 87 0.015%
2.4. Aprobación da proposta de aplicación do resultado do exercicio pechado a 30 de xuño de 2020.
A favor 596.459 99.829%
En contra 62 0.010%
Abstencións 379 0.063%
Terceiro. – Aprobación do Orzamento correspondente á Temporada Futbolística 2020-2021.
A favor 596.531 99.841%
En contra 299 0.050%
Abstencións 82 0.014%
Cuarto. – Ratificación individualizada do nomeamento por cooptación dos seguintes conselleiros:
4.1 D. Antonio Couceiro Méndez
A favor 593.968 99.412%
En contra 105 0.018%
Abstencións 2.620 0.439%
4.2 D. Eduardo Blanco Pereira
A favor 593.880 99.397%
En contra 136 0.023%
Abstencións 2.672 0.447%
4.3 D. David Villasuso Castaño
A favor 594.055 99.427%
En contra 162 0.027%
Abstencións 2.631 0.440%
4.4 Dª. Emma Lustres Gómez
A favor 593.956 99.410%
En contra 329 0.055%
Abstencións 2.617 0.438%
4.5 D. Carles Cantou Navés
A favor 593.817 99.387%
En contra 385 0.064%
Abstencións 2.694 0.451%
Quinto. – Fixación do número de membros do Consello de Administración dentro dos límites estatutariamente establecidos en cinco membros.
A favor 593.988 99.416%
En contra 59 0.010%
Abstencións 2.605 0.436%
Sexto. – Modificación dos Estatutos Sociais aos efectos de simplificar a súa redacción, así como de incluír melloras en materia de goberno corporativo e de carácter técnico. Aprobación de novo texto refundido.
6.1. Aprobación da modificación dos artigos 3 (Domicilio); 4 (Obxecto social); 7 (Réxime de Transmisión de Accións); 8 (Dereitos incorporados a cada Acción); 10 (Usufructo das accións); 15 (Convocatoria das Xuntas); 16 (Asistencia ás Xuntas).
A favor 594.079 99.431%
En contra 109 0.018%
Abstencións 2.684 0.449%
6.2. Aprobación dun novo artigo 17 (Voto a distancia anticipado nas Xuntas Xerais); 18 (Reunións das Xuntas, asistencia ás Xuntas por medios telemáticos); 19 (Web corporativa. Comunicacións entre accionistas e administradores por medios telemáticos).
A favor 593.831 99.389%
En contra 52 0.009%
Abstencións 2.670 0.447%
6.3. Renumeración e modificación dos artigos 20 (Quorum); 21 (Actas, certificacións e publicidade de acordos); 23 (Composición e nomeamento do Consello de Administración); 24 (Conselleiros); 26 (Quorum de asistencia e votación); 29 (Facultades do Consello de Administración), 31 (Remuneración dos Conselleiros); 36 (Disolución); 37 (Liquidación).
A favor 593.774 99.380%
En contra 145 0.024%
Abstencións 2.722 0.456%
6.4. Renumeración dos artigos 22,25, 27, 28, 30, 32, 33, 34 e 35
A favor 593.837 99.390%
En contra 116 0.019%
Abstencións 2.699 0.452%
6.5. Supresión do antigo artigo 26.
A favor 593.764 99.378%
En contra 108 0.018%
Abstencións 2.709 0.453%
6.6. Aprobación, como consecuencia dos acordos anteriores, dun novo Texto Refundido dos Estatutos Sociais.
A favor 594.071 99.429%
En contra 59 0.010%
Abstencións 2.729 0.457%
Sétimo. – Política de remuneracións dos Conselleiros.
7.1. Aprobación da contía da retribución fixa do Consello de Administración para o exercicio social que finaliza o 30 de xuño de 2021.
A favor 593.786 99.382%
En contra 257 0.043%
Abstencións 2.609 0.437%
Oitavo. – Revogación de Auditor de Contas.
A favor 593.807 99.385%
En contra 73 0.012%
Abstencións 2.705 0.453%
Noveno. – Aprobación do nomeamento de Auditor de Contas Consolidado do Grupo que conforman o Real Club Deportivo de La Coruña, SAD e as súas tres Sociedades Dependentes.
A favor 593.870 99.396%
En contra 78 0.013%
Abstencións 2.687 0.450%
Décimo. – Creación dunha páxina web corporativa da sociedade de conformidade co previsto no artigo 11 bis da Lei de Sociedades de Capital, que se incorporará ao dominio [https://www.rcdeportivo.es/accionistas].
A favor 594.016 99.420%
En contra 4 0.001%
Abstencións 2.642 0.442%
Decimoprimero. – Rogos e preguntas.
Punto informativo
Decimosegundo. – Delegación de facultades.
A favor 593.983 99.415%
En contra 30 0.005%
Abstencións 2.643 0.442%