O PRESIDENTE DO DEPOR JUAN CARLOS ESCOTET COMPRA UN EQUIPO DA 2ª PORTUGUESA.

Segundo unha información do xornal portugués Diario Record, Juan Carlos Escotet, presidente de ABANCA, e do RC Deportivo comprou un 90% do equipo da 2ª División de Portugal, FC Penafiel. Segundo o xornal luso a compra foi por 12 millóns de euros.

Esta compra podería valerlle ao RC Deportivo tanto para adquirir xogadores portugueses que den nivel como poder “foguear” a canteiráns deportivistas no pais luso.

Escotet e o seu banco xa fixeron o ano pasado por estas datas mercaron o banco portugués, EuroBic, que a sétima entidade bancaria do pais veciño e que pasou a chamrse EuroBic ABANCA.

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies