A Real Federación Española de Fútbol publicou hoxe o primeiro Plan Estratéxico da súa historia,
que pretende situar á entidade nun prazo de cinco anos (2020-2024) entre as tres federacións de
referencia en Europa en resultados deportivos, organización de competicións, xestión
corporativa e impacto social.
Para implementar e avaliar o cumprimento do Plan reunirase mensualmente un Grupo de
Traballo e trimestralmente unha Comisión de Estratexia de nova creación presidida polo
membro da Xunta Directiva da RFEF e presidente da RFGF, Rafael Louzán
A Real Federación Española de Fútbol publicou hoxe o primeiro Plan Estratéxico da súa historia, que
pretende situar á entidade nun prazo de cinco anos (2020-2024) entre as tres federacións de
referencia en Europa en resultados deportivos, organización de competicións, xestión corporativa e
impacto social.
Para implementar e avaliar o cumprimento do Plan reunirase mensualmente un Grupo de Traballo
e trimestralmente unha Comisión de Estratexia de nova creación presidida polo membro da Xunta
Directiva da RFEF e presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, máis ampla, en
ambos os casos con participación das federacións territoriais.
Froito do traballo de 10 meses xunto a UEFA e as federacións territoriais, o Plan define 8 obxectivos
estratéxicos, 4 deles comúns con todas as federacións territoriais e outros 4 específicos para a RFEF,
que en total inclúen 50 obxectivos específicos.
Os Obxectivos estratéxicos comúns coas federacións territoriais son impulsar a boa gobernanza,
lograr a excelencia deportiva, incrementar a participación, especialmente en fútbol feminino, e levar
a cabo a transformación dixital, mentres que os obxectivos estratéxicos específicos da RFEF son
reforzar a imaxe e a proxección internacional, optimizar os recursos internos, mellorar a
autofinanciación e contribuír ao desenvolvemento social a través do fútbol. Como resultado do
mesmo proceso, todas as federacións territoriais elaboraron os seus respectivos plans estratéxicos
en liña co Plan Estratéxico da RFEF. O Plan foi remitido este xoves ás 19 Federacións territoriais e a
todas as Áreas da RFEF.
A UEFA seguirá apoiando á RFEF para que o proceso de implementación e seguimento do Plan
Estratéxico sexa un éxito. A RFEF espera que a introdución deste primeiro Plan Estratéxico contribúa
ao proceso de profesionalización na xestión da organización e está convencida de que contribuirá,
xunto ás federacións territoriais e ao resto de grupos de interese da RFEF, ao desenvolvemento do
fútbol en todo o territorio nacional.
Luís Rubiales, convencido de que o Plan Estratéxico “vai fortalecer máis aínda a relación entre a
RFEF e todas as Federacións Territoriais, clubs, xogadores, árbitros, adestradores e afeccionados en
beneficio do conxunto do fútbol español a todos os niveis para facer fronte aos retos do século XXI”.
Nunha carta que acompaña á comunicación do Plan ás Federacións Territoriais e Áreas da RFEF, o
presidente da Federación, Luís Rubiales, lembra que desde a súa elección hai máis de dous anos a
Xunta Directiva que encabeza “expúxose como un dos grandes retos a profesionalización,
modernización e dixitalización da RFEF, así como traballar de maneira máis coordinada coas
Federacións territoriais”.
Luís Rubiales, que agradece “o apoio incondicional da UEFA e do seu Presidente, Aleksander Čeferin,
neste proceso”, destaca así mesmo ás federacións territoriais, que “foron elementos fundamentais
neste proxecto xa que constitúen a alma mater do fútbol español”. “Teño a convicción de que a
implementación deste Plan Estratéxico vai fortalecer máis aínda a relación entre a RFEF e todas as
Federacións Territoriais, clubs, xogadores, árbitros, adestradores e afeccionados en beneficio do
conxunto do fútbol español a todos os niveis para facer fronte aos retos do século XXI”, conclúe Luís
Rubiales.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Gabinete Comunicación RFGF
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.