O PORTO DEPORTIVO DE MUXÍA PECHOU O 2024 CON RECORD DE ATRAQUES DE EMBARCACIÓNS CON PRETO DE 800 SENDO CON DIFERENZA O DE MÁIS VOLUME DA COSTA DA MORTE E NO PODIO DAS MARINAS DEPORTIVAS DE GALICIA.

O porto deportivo muxián é o único con atraque para grandes barcos.

 

O pasado ano 2024 o Porto Deportivo de Muxia pechou cun incremento de pernotas no porto, e cun incremento nas esloras medias das embarcacións.
Foi un bo ano no que a tempada alta atrasouse ao mes de outubro contando cunha ocupación de récord mesmo en meses onde non adoitaba ser asi.

En canto a datos, o pasado ano visitáronnos 770 embarcaciónes das que 250 pasaron polo menos unha noite no porto, podendo ser semanas nalgún caso, a media de visitantes esta en 4 tripulantes por barco co que nos quedaría que visitaron Muxia por mar 3080 persoas que realizan diversos gastos na localidade como restaurantes, supermercados, etc…

 

Temos que destacar tamén a participación en eventos durante a tempada, como o Rally Gascogne que permaneceu nas instalacións durante unha semana por mor do mal tempo que impediu aos navegantes continuar a súa etapa cara ao Porto de Baiona, tendo que ser Muxia o único porto galego no que recalo a travesía, e tendo tempo os navegantes para gozar da acollida e gastronomía da restauración do pobo durante máis tempo.

No mes de Agosto a localidade tamén foi escala da Regata Rías Altas procedente do Real Club Náutico da Coruña e que conto coa recepción das autoridades locais na entrega de trofeos da etapa.

 

Realizáronse tamén diversas actividades no porto como “Ou Mar Na Escola” que nesta edición conto cun gran numero de participantes pertencentes aos centros educativos do concello de Muxia durante o mes de Xuño. Ademais no mes de Agosto realizouse un curso dunha semana de duración para nenos/as. Estas actividades crean un gran ambiente na zona portuaria coa que se un ambiente Xuvenil e alegre a toda a zona costeira da localidade, creando gran expectación entre os viandantes que poden ver como gozan os mozos do contacto co mar e o deporte.

 

 

Acompañounos tamén como noutros anos a peregrinación a Santiago procedente da localidade francesa da Rochelle, que visita practicamente todos os portos do roteiro desde Francia, Pais Basco, Cantabria, Asturias e Galicia.
No 2024 tamén se desenvolvo nas instalacións de Mariña Muxia o programa “GAVEA” da asociación COGAMI que engloba a asociacións de todo Galicia que se desprazan a Muxia para saír a navegar no veleiro LAION, adaptado para este fin.

En canto á vista xeral do porto durante todo o ano, cabe destacar a eslora dos barcos atracados, que aumenta cada ano que pasa, sendo normal que coincidan nas mesmas datas dúas ou tres barcos de 20m e catro ou cinco catamaráns de gran eslora, co que a fachada da localidade cambia totalmente, pasando de ser unha modesta vila mariñeira a ser outra cousa máis enfocada ao turismo.

 

 

Barcos de longa estancia

O seguro que son as instalacións da Marina Deportiva de Muxía fai que algúns veleiros opten por quedar amarrados por longas estancias de tempo como é o dato do “Windwirld”, que xa leva máis de un ano amarrado en Muxía. Este veleiro é o de maior tamaño do mundo con preto de 30 metros de eslora e 85 toneladas de rexistro bruto, e non é o único que ten Muxía como amarre temporal.

-Fotos e texto : Marcos Trillo/Marina Muxía

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies