O PORTO DEPORTIVO DE MUXÍA NO 2021 VOLVEU AOS NÚMEROS DE ATRAQUES DO 2019 CANDO FOI 4º DE GALICIA SUPERANDO A BAIXADA DA PANDEMIA NO 2020.

 

O Porto Deportivo de Muxía voltou aos números de atraques de embarcacións, (iates e veleiros), do 2019 cando foi a cuarta “Marina Deportiva” en volume de atraques en Galicia, con preto de 800 barcos distintos. Enténdase que son barcos diferentes que amarraron nos pantaláns muxiáns, non a suma total barcos por día.

 

 

Segundo Marcos Trillo, xerente do porto deportivo muxián : “Neste ano que termina e a pesar da pandemia o porto de Muxía contou cun numero de tránsitos superior ao ano 2019 tendo preto de 800 barcos cunha eslora media, de entre os 10 e os 15 metros de eslora”. Un número se cabe máis importante debido as restriccións de comezos do 2021.

 

 

As nacionalidades dos tripulantes dos barcos que visitaron e amarraron na Vila da Barca segyen estando encabezadas polos franceses, tanto por proximidade, “como polo potente labor de promoción realizada durante estes últimos anos ademais dos convenios realizados con entidades de promoción”, apúntanos o xerente dos pantaláns muxiáns.

A segunda nacionalidade, das embarcacións que amarraron en Muxía que era en anos anteriores a inglesa, é agora a alemá, seguida polos holandeses.

Un conocido futbolista holandés atracou co barco de maior eslora.

Explícanos Marcos Trillo que aumentou a variedade de buques xa que : “Neste último ano tamén se incrementaron de forma importante as embarcacións escandinavas, procedentes de, Dinamarca, Noruega e Suecia”.

Ademáis do numero de embarcacións, o porto creceu tamén na eslora das embarcacións, chegando aos 37 metros con varios destes ” Megayates” que elixen a localidade de Muxía para realizar as súas escalas.

Dende 2019 realizouse unha modificación no porto que permite acoller a este tipo de embarcacións, pasando a ter unha praza de 125 metros de longo. Sendo o porto deportivo da Costa da Morte que pode acoller barcos de maior tamaño, así como de número de amarres.

Outro formato de visitas que se incrementou este pasado ano é o dos ” Ralys”. A “Marina Muxía” foi no 2021 escala de 5 grupos de embarcacións de distintas nacionalidades, que realizan travesías conxuntas e mobilizan entre 15 e 30 barcos que atracan no porto no mesmo día. Foron principalmente españoles, franceses e holandeses.

O porto deportivo muxián conta cas maiores e máis modernas instalacións deste tipo na Costa da Morte, con moitas ventaxas para os marinos, como tomas de auga, luz, baños, recollida de lixo e de óleos, tenda, gasoliñeira, etc… Ademáis de contar a poucos metros das instalacións de lavandería autoservicio, farmacia, bancos, supermercados, ou restaurantes.

Asimesmo, este turismo é un beneficio económico para o pobo, xa que os visitantes ademáis de facer turismo polo pobo, son clientes potencias, de restaurantes, bares, supermercados e comercio en xeral.

O porto de Muxía está catalogado como “Porto Xacobeo”, pola sua tradición de peregrinacións ao Santuario da Nosa Señora da Barca, onde se dí que a Virxe se lle apareceu a Santiago o Apóstolo, unha lenda que según os teólogos data de antre ó 570 e o 630 D.C., polo que tamén nos visitan as peregrinacións por mar, a finalizar o camiño.

-Foto e Texto : piratasdemuxia