O Ponteceso que derrotou o Orillamar.
Derrota do Bergantiños B e vitoria do Ponteceso nas semifinais polo ascenso a 2ª División Galega Feminina G1, polo que as rapazas de Carballo xa quedan fora da volta e as pontecesanas terán como rival na final, que será a dobre partido, ao rival das bergantiñanas o Almeiras. As carballesas sufriron unha dura derrota, 87-0), namentras que as de Ponteceso viraban o encontro cun ppenalti no tempo extra, (3-2).
-CRÓNICAS-
Ponteceso SD 3-2 Orillamar SD
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “
Partido correspondente ás semifinais de ascenso á segunda galega, no cal nos enfrontábamos en horario matutino no Pinguel contra o Orillamar. Comezaba o encontro cos dous conxuntos tanteándose e con medo a non errar para non comezar costa arriba o encontro. Sería a killer Andrea a que poñería o medo no corpo ás riváis nunha boa xogada colectiva, na que o seu disparo dende a frontal sería rexeitado polo largueiro. Tería tamén a continuación un par de xogadas a balón parado o Orillamar no que unha inconmensurable María con sendas paradas evitaría o gol visitante.
Cando todo apuntaba a táboas para o tempo de lecer, aparecería a figura deste encontro que non sería outra que Myre, rematando o primeiro dos seus tres goles no primeiro pau sen nada que facer a meta visitante. Tivemos un duro mazazo ao comezo do segundo tempo, xa que un córner sen aparente perigo das visitantes acabaría entrando na meta propiciando o empate. A partir de ahí foi un partido de idas e voltas tendo un longueiro ás visitantes e moi boas intervencións de María evitando o gol.
Conseguiríamos poñernos dous a un gracias a unha xogada de córner na que Muíño centraría e volvería a aparecer Myre no primeiro pau para finalizar o man a man. E cando todo parecía que remataría co 2 a 1 local, un tiro dende 30m bate no longueiro e entraría na meta, facendo así que tivéramos que xogar a prórroga. Neste tempo extra, o Puenteceso soubo manexar ben os tempos do partido, guiadas no medio campo por unhas excelsas Eva, Muíño e Oanes na que esta última sería protagonista nun claro penalti recibido. Así, Myre poñía o 3 a 2 final.
Damos méritos polo gran ano e gran traballo de todas as compoñentes do Puenteceso feminino. Agora, terán que de xogar a final da fase de ascenso contra o Almeiras“.
Goles : 1-0, Myre, (37´); 1-1, Daniela, (48´); 2-1, Myre, (65´); 2-2, Isabel, (79´); 3-2, Myre, (104´de penalti).
Ponteceso SD : María, Noe (Lara 72’), Ainhoa, Myre, Berdeal, Silvia (Lucivili 90’), Muíño, Eva, Oanes, Andrea e Noemí. Tamén xogou : Colores.
Campo : O Pinguel, (Ponteceso)
Árbitro : Diego Grille Landeira, acompañado nas bandas por Álex Areosa e Borja Rey. Amonestou a visitante, Sara.
UDJ Almeiras 7-0 Bergantiños FC B
Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC B) : “Partido que se resume rápido: 15 minutos muy buenos donde pudimos ir 2-0 arriba y después de eso 3 goles en 5 min que ya es imposible levantar. Quedó claro que no estamos preparadas para este tipo de partidos aún, nunca vi un partido donde recibes 7 goles y los 7 son regalos. La inexperiencia del equipo más joven de toda Tercera división se nota y mucho. Más allá de eso, vivir esta experiencia para ellas del playoff les viene genial para ver que nos queda mucho trabajo si queremos volver a estar en esta situación por méritos propios y os puedo asegurar que vamos a volver a estar en ella tarde o temprano, enhorabuena a las niñas por su gran temporada. Ahora esperemos que por lo menos ascienda el equipo de la Costa así que aprovecho para mandarle toda la suerte del mundo al Ponteceso”.
Goles : María del Carmen, (5), Carla e Norma.Primeira metade 4-0.
Bergantiños FC B : Sofía, Carla, Arancha, Sarai, Erika, Aroa, Jimena, Antía, Ainhoa, Amelia e María. Tamén xogaron : Aldara, Aisha, Clara, Aroa García e Sara.
Campo : Os Loureiros, (Almeira)
Árbitro : Iker Gómez Souto, auspiciado nas bandas por Hugo Sánchez e Martín Sánchez. Expulsou con dobre cartón a local, Uxía, (56´e 90´) e amonestou a visitante, Jimena.
RESTO DE RESULTADOS
CD Lugo B 2-1 CF Cañiza
Lóstrego CF C 6-0 Carballedo CF
FINAL POLO ASCENSO
(Ida)
09/06/2024
Ponteceso SD-UDJ Almeiras
CD Lugo B-Lóstrego CF C
-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores