O PILOTO MUXIÁN DE RALLIS, CRISTOBAL EIRANOVA ACABOU 2º NA XERAL DE HISTÓRICOS NO RALLI DA CORUÑA.

 

Como xa vos comentábamos o pasado venres, o sábado competía no Ralli da Coruña o piloto muxián Cristobal Eiranova con M. Mosquera como copiloto. O día estivo duro pero a pesares de todo isto o muxián acabou na segunda posición de “históricos” co seu BMW, a 10.45,477. da parexa formada por, J.J. M. Freiría e X. Bermúdez que tiveron un tempo de 1.11.18,523.

O Ralli da Coruña gañouno o gran favorito, o dumbriés, Vístor Senra con J. Murado como copiloto e cun tempo de 58.03,144 e como segundo outro dos grandes pilotos galegos, J.Ares a 44.312 e como terceiro, A. Meira a 1.04,364. Víctor Senra suma así o seu quinto trunfo no ralli coruñés, segundo consecutivo, (2017, 2019, 2021, 2023 e 2024).

Para o piloto muxián Cristobal Eiranova foi “unha gran experienza máis e seguir sumando. Non pensamos cando chegamos a meta que fixéramos un resultado tan bo”.  Agora a sua proxima cita será o Ralli de Ferrol, para o que teñen idea de sair, así coma nos de Narón e Rías Altas. 

 

-Foto : Adri Sánchez

-Vídeos : Crsitobal Eiranova

-Texto : Xosé Búa “Pirata”