Unha nena sufre un accidente polo mal estado do paseo de tablas do porto de Muxía
Cando foi presentada a nova fachada do porto de Muxía, un dos “agasallos” tralo “Prestige”, na presentación decía o arqitecto da obra que era : “abrir o porto a xente, e ao paseo por él”. Todo moi ben, pero debeulle quedar a cabeza cadrada cando diseñou o paseo de táboas, pois calquera vía que non ía a durar moito. Xa o pouco tempo tiveron que reemprazar táboas. Cativas para o que é. Táboas de cenímetro e medio de gordo sobre barrotes de pino de 5 cm, hoxe en día podres e as táboas rompendo cada dous por tres.
Esto convirte o paseo nunha trampa e así foi que no día de onte unha nena de 4 anos caía nunha destas “trampas” e tiña que ser levada ao hospital. Agora de seguro que chegarán ca cintiña de marras os de Portos de Galicia e quedará así por semans, meses ou quen sabe, igual por máis.
Esta é unha web de deportes, pero tamén de todo e de todos, polo que nos facemos eco deste percance e a nosa denuncia ao abandono por parte de Portos de Galicia do paseo, e xa non digamos dos baños que ten que nunca se usaron e están de pena. Esto precisa que se faga de novo e en condicións, que se vexa a onde van a parar os nosos impostos e non que só sexan para engordar barrigas.
++++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es