Será un espectáculo o aire libre, ás 21:30 horas e non será necesaria reserva de praza.
É recomendable para todos os públicos, cunha duración de 60 minutos.
O Paseo Marítimo de Muxía acollerá este sábado, 16 de xullo, a representación teatral de ‘Habeas Corpus’, de Malasombra Producións. Será o aire libre, ás 21:30 horas e non será necesaria a reserva de praza. Está especialmente recomendada para público familiar, cunha duración de 60 minutos.
Un elenco composto por Xoque Carbajal, Jouse García, Marcos Orsi e Esther Aja, baixo a dirección de José Prieto, vestiario de Diego Valeiras, maquillaxe de Diego Valeiras e Esther Aja, e escenografía de Diego Valeiras e Xoque Carbajal, ‘Habeas Corpus’ é unha comedia deseñada para exhibirse en espazos exteriores.
O argumento trata un tema tan antigo e tan actual como é a relación do ser humano coas demais especies animais. E para reflexionar sobre este feito, recórrese á recreación dun xuízo público.
A estrutura dramática remeda a dos antigos xuízos gregos, onde non había fiscal nin avogado defensor, senón que eran os propios denunciantes e denunciados os que debatían pulicamente os seus argumentos diante da xente do pobo, que eran os que ao remate das alegacións pronunciaban clamorosamente o seu veredicto de inocencia ou culpabilidade.
A concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, sinala que “agardamos que sexa unha xornada marabillosa. Non hai mellor maneira que ver o solpor no noso Porto que facelo en familia e con ‘Habeas Corpus’. Ogallá o noso público goce moito da representación”, sinalou.
-Foto e Texto : Departamento de prensa Concello de Muxía