Así loce o “Campo da Grixa” da Ponte do Porto a día de hoxe.
Se fai uns días falábamos do mal que lle sentou o COVID-19 a 3ª da Costa, dado que en principio quedan só 7 equipos que serán 8 coa alta dún filial do Xallas FC, o que deixaría unha liga que de comezar en Setembro xa remataría a finais de ano, a menos que se volvese a optar por unha liga a 3 ou 4 voltas, algo que cando se fixo non gustou a ninguén. Pero agora mesmo son todo conxeturas a espera de ver como se comporta a pandemia que está a rematar, ou eso parece, pero todo pode trocar dun intre para outro.
A quen lle sentou ben o parón foi aos campos de céspede natural, que na costa agora mesmo só quedan 3, “A Grixa”, (Ponte do Porto), “O Rodeiro”, (Camelle) e “As Fontiñas”, (Nantón), co ascenso do CD Nantón, este da Liga da Costa e os outros dous da 3ª da Costa.
Así estaba o “Campo da Grixa” antes do parón.
O duro inverno que nos tocou vivir este ano fixo que os terreos de xogo fosen un patacal, especialmente os do CF Porteño e SD Camelle. Moita auga fixo que estivesen moi brandos e que amencese o barro e que fixese algúns encontros en verdadeiras batallas épicas. O parón e a excelente primavera que vivimos con episodios de choiva e sol, fixo que os campos recobrasen o seu mellor esplendor e que para os propios propetarios lles asaltase o pensamento de que : “oxalá se puidese xogar agora co ben que está”.
A grada do “Rodeiro” no derradeiro encontro de liga.
No que se refire ao campo camellán do “Rodeiro”, tamén loce esplendoroso de herba, a cal non cortaron e teñen pendente a reparación da cuberta da grada, que lle marchou durante a cicloxénese “Fabien” a finais do 2019, xa que non se puid actuar neste parón polo estado de alarma.
Tamén loce estupendo o campo das “Fontiñas” de Nantón, o cal é máis forte a hora de aguantar auga cos outros dous, polo que sofre menos a hora de desfacerse o xogar nél os días de temporal o formar menos barro..
-Fotos : Javi Baña/Vicky Búa
-Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.