O PAIOSACO VOLVEU A EMPATAR A DOUS CO BERGANTIÑOS NAS EIROAS COMA NA PRETEMPADA.

 

Bergantiños CF 2-2 UD Paiosaco

Parece quelle ten a medida tomada o equipo de Peisaco o Bergantiños CF, e se na pretempada xa lograba un 2-2 na volta o campo de ambos equipos tralo confinamento, desta volta e en encontro aprazado os peisaqueses sacaban un punto, obrigando aos carballeses a ir sempre por detrás e empatar e privalo de poñerse líderes en solitario.

Adiantou aos de Peisaco, Otero no primeiro minuto de xogo e non acadaba a igualada o clube carballés ata o derradeiro minuto da primeira metade por medio de Tarí. Nada máis comezar a segunda metade Eiroa, (46´), poñía de novo por diante aos visitantes e no 59, Tarí sumaba o seu segundo gol do encontro e oempate que xa sería definitivo.

 

Bergantiños CF : Brais; Vela, Aarón, Agulló, Carlos (Abel, min. 65), Remeseiro, Yelco (Duque, min. 65), Uzal (Cano, min. 46), Marcos (Iago, min. 46), Tarí e Lamelas.

UD Paiosaco : Rama (Mallo, min. 62); Beto, Ventola, Edu Dias, Juanma, Iván Amor, Josiño (Modia, min. 90), Otero (Tani, min. 90), Jesús (Edu, min. 65), Eiroa (Richi, min. 65) e Moure.

 

 

Xa hai data para os encontros do Fabril co Paiosaco e Silva

O Xuíz de Competición da Federación Galega de Fútbol fixou para o mércores 17 de febreiro ás 19:30 en Abegondo o derbi coruñés entre o Fabril e o Silva SD, correspondente á 14ª xornada no subgrupo A de Terceira División, que foi aprazado o pasado 24 de xaneiro por un caso de COVID-19 no vestiario fabrilista.

Unha semana antes, o mércores 10 de febreiro ás 20:00 horas, celebrarase na Porta Santa o partido ante o UD Paisaco H. Añón que se tiña que disputar o 17 de xaneiro (13ª xornada), e que foi suspendido por COVID-19 no conxunto peisaqués.

.

-Foto : UD Paiosaco

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies