Foto : DXT Campeón
O Pabellón de Ourense proclamouse campión do “XVI Torneo Internacional Alevín Concello de Carballo”, despois de impoñerse na final ao Celta.
O torneo organizado polo Bergantiños FC e as Escolas Luís Calvo Sanz , foi de novo un éxito total, tanto a organización, coma en participación e seguimento. O equipo anfitrión bergantiñán xogou a final de consolación contra o Sporting de Xixón, conseguindo a terceira posición.
O Deportivo terminou na quinta praza, o Lugo na sexta e a Selección da Costa da Morte concluíu sétima.
Os MVP
Mauro Carreira (Luís Calvo) foi o porteiro menos goleado e Mauro Méndez (Pavillón) foi o pichichi. Iván Porteiro levou o trofeo revelación.
O torneo desenrolouse, tal como xa vos informamos durante a pasada semana, no Municipal As Eiroas, de Carballo.
-Texto : Bergantiños FC/piratasdemuxia