O OUTES FC CAMPIÓN DA COPA DA COSTA INFANTIL.

 

SD Sofán 1-2 Outes FC

Había algún que outro rumor sobre que se xogase a final da Copa da Costa Infantil no Carral, sendo un dos finalistas o propetario do feudo o SD Sofán, pero o Outes volveu a amosar o porque de ser campión de liga destacado e contra todo consigueu meterse por diante aos 7 minutos de xogo cun gol de Iker Tomé. Nacho Saavadra, que acabaría sendo expulsado na segunda metade con vermello direto, (57´), facía o 0-2. Non se viña abaixo o equipo sofanista e conseguía recurtar antes do descanso cun gol de Rubén Varela. Na segunda metade os sofanistas apretaron e buscaron o gol da igualada e máis cando chegaba a expulsión de Nacho aos 51 minutos de xogo, pero ese empate que os poñería de cheo na loita polo título non chegou.

SD Sofán : Isma Cancela, Alberto, Crístian, Iker, sabela, Xoel, Pedro, Carlos, Alejandro, Rubén e Neizan. Tamén estiveron : Manuel, Diego, Samuel, Figueira e Iker Velo.

Outes FC : Aitor, Laura, Rubén, Samuel, Fran Insua, Hugo, Pablo, Iker, Fran Domínguez, Nacho e Telmo. Tamén estiveron : Crísthian, Ánxo, Sergio, Xandre e Joel.

Árbitro : Roberto Baña con Manuel Rodríguez e Alejandro Tato nas bandas. Expulsou a Nacho do Outes no 51 con vermello direto.

Goles : 0-1, Iker, (7´); 0-2, Nacho, (26´); 1-2, Rubén, (27´).

 

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Outes FC e asimesmo aos do SD Sofán, pois as finais para gañalas, ou perdelas, hai que chegar a elas, o que é un grande mérito.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”