O OUTES CF FINALISTA NA LOITA POLO TÍTULO DE CAMPIÓN DA COSTA E PARA A PROMOCIÓN A LIGA GALEGA. MAÑÁN DOMINGO SAIRÁ O OUTRO DO ENFRONTAMENTO UC CEE-XALLAS FC.

O Xallas FC xogará na casa e ten un pé na final.

 

No día de onte o Outes CF derrotaba por 4-0 ao EMF Vimianzo no encontro da volta das semifinais da loita polo título de campión absoluto dos Infantís da costa e na procura dun sitio na finalísima na que estará en xogo un posto de promoción de ascenso a Liga Galega.

Os outeses xa gañaran na ida por 1-3, polo que están na Gran Final, esperando rival do encontro antre Xallas FC e o UC Cee, un encontro que se xogará mañán Domingo.

O Xallas recibe no “A Fontenla” ao UC Cee a partires das 12:30 horas, ca arbitraxe de David Vázquez Lema. Os xalleiros defenderán unha suculenta ventaxe de 0-3, do encontro da semana pasada en terras ceenses.

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies