O OUTES CF CONVOCA AOS SEUS SOCIOS O VINDEIRO DOMINGO A ASEMBLEA XERAL.

 

O Outes CF ascendido a pasada tempada a Liga da Costa, (2ª Autonómica G2), convoca para o vindeiro Domingo 23 de Agosto os seus socios a que acudan a Asemblea Xeral de Socios no Local Social do “Municipal do Conchido” a partires das 11:00 horas. Nesta xuntanza farase balance deportivo e económico da tempada 2019/20 na que os outeses acadaron o subcampionato da 3ª da Costa, así coma o proxecto para a 2020/21, que a RFGF ten proxectado que comece no mes de Outubro, algo que agora mesmo está por ver debido o caríz que está a coller o panorama coa aparición de contínuos brotes. 

A xuntanza acabará cos “Rogos e preguntas” por parte dos socios. Para a mesma gardaranse tódlas medidas vixentes na lota contra o COVID-19, tales como a hixiene de mans, a separación antre os asistentes e o uso de mascarillas.

O clube outés ainda non anunciou as renovacións e altas para a vindeira tempada, debido a que como pasa na maioría do fútbol afecionado está todo moi parado en espera da evolución sanitaria.

-Foto : Outes CF/piratasdemuxia.es

-Texto : piratasdemuxia.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies