O OUTES CF “CLUB REFERENTE DO FÚTBOL BASE GALEGO”.

 

OUTES CF 

“CLUBE REFERENTE DO FÚTBOL BASE DE GALICIA”

O Presidente da Real Federación Galega de Fútbol decideu otorgarlle ao Outes CF o premio de “Clube Referente do Fútbol Base de Galicia” pola sua laboura no eido do fútbol base na Subdelegación da Costa da Morte.

A decisión tomouse na xunta ordinaria do ente galego o pasado 15 de Maio e foille comunicado publicamente no día de hoxe o clube outés.

O premio entregaraselle na Gala do Fútbol Galego que terá lugar o vindeiro venres 21 de Xuño no Salón de Convencións da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Un acto do que xa vos falamos e que comezará ese día ás 20:00 horas.

Dende o Outes CF o seu presidente Javier Cao Viña, comentábanos a sua ledicia e a de tódolos que forman o clube decíndonos que : “É un honor para o Outes recibir un premio tan importante porque o fútbol base é o que garante os éxitos do futuro e para nos é importante formar os rapaces tanto personal como deportivamente, e felicitalos polos seus éxitos como equipo e tamén individual, xa que varios foron citados para seleccións comarcais e incluso a Selección Galega.
Agradecer asimismo a implicación dos pais ou tutores, dos socios e socias, dos nosos patrocinadores e a inestimable colaboración do excelentísimo concello de Outes”.

 

CARTA DA RFGF

+++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es