O OUTES BENXAMÍN ESTARÁ NA IMPRESIONANTE “I COPA RIBADUMIA BENXAMÍN F8”.

O Outes CF un dos 48 equipos da “I Copa Ribadumia F8”

Esta mesma semana a RFGF anunciaba que o Outes CF ía a ser premiado co título de “Equipo Referente do Fútbol Base de Galicia”, pola sua laboura no fútbol base, tanto a nivel deportivo como a nivel orgañizativo. Un merecido premio que pon en alza o valor do fútbol na costa.

O equipo benxamín do Outes CF campión de liga e copa e que fixo un gran papel na Fase de ascenso a Galega Benxamín, está invitado a participar no “I Copa Ribadumia Fútbol 8 Benxamín”, un evento que nace con moita forza, cun total de 48 equipos en 8 grupos de 6 antre os que hai equipos da talla do Deportio da Coruña, Rayo Vallecano, CD Lugo, Porto CF, Atlhetic Club, Esculea da RFEF, Getafe CF, C. Vigo, Ural CF, CD Leganés, Boavista FC, antre outros moitos de toda Galicia, España e do extranxeiro.

 

Outes CF Benxamín na Fase de Ascenso a Galega Benxamín.

O equipo outés quedou enclavado no torneo de Ribadumia no Grupo C no que se medirá ao Deportivo da Coruña, Talento y Fútbol Andalúz, AD Alhóndigas, Club Polideportivo Lucense, e Celta Brasöv.

Todo un premio máis para estes rapaces o Outes CF, a Serra de Outes e o fútbol costeiro en xeral.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es